A Dirección de Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación de gasto anticipado, polo sistema de concurso público e procedemento aberto:
*C.P.2/2001, dividido en 8 lotes.
Lote 1: café e infusións. Lote 2: xamón cocido e touciño entrefrebado. Lote 3: ovos. Lote 4: alimentación xeral. Lote 5: carnes de tenreira e cocho. Lote 6: polo. Lote 7: auga. Lote 8: tecnoquímicos e productos de limpeza.
Orzamento total: 72.374,36 A (setenta e dous mil trescentos setenta e catro euros con trinta e seis céntimos de euro) 12.042.080 ptas.
1. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-2002, con posibilidade de prórroga por anos naturais.
2. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no servicio de subministracións do Hospital da Costa; teléfono 982 58 99 56 e fax 982 58 99 86, durante o prazo de admisión de proposicións.
3. Admisión de variantes: consideraranse as proposicións que, respectando o obxecto do contrato e o orzamento máximo autorizado, incorporen para a prestación da subministración solucións alternativas ás definidas nas prescricións técnicas.
4. Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego.
5. Solvencia técnica: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego.
6. Criterios de adxudicación:
Relación calidade/prezo: ata 50 puntos.
Tempo de resposta á petición: ata 30 puntos.
Envasado e presentación: ata 20 puntos
7. Fianzas.
Fianza provisional: non se esixe
Fianza definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación de cada lote.
8. Clasificación: non se esixe.
9. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.
10. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de juntas do Hospital da Costa, ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
11.Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.
Burela, 10 de decembro de 2001.
Ramón Ares Rico
Director xerente Hospital da Costa de Burela

