Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 04 de febreiro de 2002 Páx. 1.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as resolucións dos expedientes sancionadores na orde social 442/2001 (I) e dous máis.

Non sendo atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándoos de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

A Coruña, 21 de decembro de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Exp. nºActa nºTitularNIF/DNIEnderezoMateriaData res.Sanción

442/2001(I)705/2001(I)Placas Bergantiños, S.L.B-15771538Cemiterio vello,

38-4º D

15100 Carballo

Seguridade e hixiene23-11-2001250.100 ptas.

1.503,13 euros

483/2001904/2001Norpack, S.A.A-15551708Avda. Nostián, Nave 16,

La Artística, Meicende

15008 Arteixo

Traballo16-11-200150.100 ptas.

301,11 euros

484/2001905/2001Norpack, S.A.B-15551708Avda. Nostián, Nave 16,

La Artística, Meicende

15008 Arteixo

Seguridade e hixiene20-11-2001250.100 ptas.

1.503,13 euros

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE