Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 04 de febreiro de 2002 Páx. 1.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

Anúnciase a seguinte licitación:

O alcalde-presidente por resolución da Alcaldía do 18 de decembro de 2001, acordou dar aprobación ó seguinte expediente:

1. Obxecto: contratación asistencia técnica de redacción de proxectos de obras, servicios e outros de competencia municipal.

2. Prezo: 34.921,96 euros cada ano (IVE incluído).

3. Prazo: o contrato terá unha duración de dous anos.

4. Requisitos: persoa física ou xurídica que dispoña de titulación acreditada en arquitectura superior.

5. Sistema de licitación: procedemento aberto e concurso público.

6. Prazo de presentación de ofertas: quince días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no último dos boletíns oficiais en publicalo (BOP ou Diario Oficial de Galicia).

7. Lugar de presentación das ofertas: no rexistro xeral do concello de luns a venres das 9 ás 13 horas ou en calquera dos medios establecidos na Lei 30/1992.

8. Fianza provisional: 2% do prezo de licitación.

9. Fianza definitiva: 4% do prezo de licitación.

O expediente está á disposición dos interesados na secretaría do concello de luns a venres, das 9 ás 13 horas, podendo solicitar información ó teléfono 981 86 00 75/76. O custo dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Rianxo, 21 de xaneiro de 2002.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde