Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 05 de febreiro de 2002 Páx. 1.355

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifican as resolucións recaídas nos recursos de reposición formulados por non facer consta-los interesados ningún domicilio para efectos de notificacións.

Con data do 24 de xaneiro de 2002, o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública dictou resolucións polas que se desestiman os recursos de reposición formulados polas persoas que se sinalan no anexo, contra a Orde

do 29 de novembro de 2001 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de axentes de extensión pesqueira (DOG nº 238, do 11 de decembro).

Os recorrentes non fixeron constar no escrito de interposición do recurso ningún domicilio, polo que se ignora o lugar da notificación.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administra

cións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, en virtude deste anuncio, notifícalles ás persoas que se sinalan no anexo a Resolución do 24 de xaneiro de 2002, do recurso de reposición formulado por elas contra a referenciada Orde do 29 de novembro de 2001.

Os recorrentes poden recolle-las respectivas resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñe-lo interesado o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa comparecencia para recolle-la resolución, ou ó do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme os artigos 8.2º e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2002.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

Rocío Fortes Pérez.

Clara Pazos Justo.

Rosa Mª Pérez Lomba.

Águeda B. Iglesias Fernández.