Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 05 de febreiro de 2002 Páx. 1.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 21 de decembro de 2001, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente XC-02393-I-2001 e sete máis).

Pola presente cédula, notifícaselles ós/ás denunciados/as, coas señas e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as notificacións sancionadoras, dictadas polo xefe do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Facéndolles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer alegacións perante o Servicio Provincial de Transportes, no prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte á publicación desta cédula.

E para que conste e sirva de notificación, ós/ás denunciados/as de enderezos descoñecidos e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12), expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 21 de decembro de 2001.

Gonzalo López González

Xefe do Servicio Provincial de Transportes

da Coruña

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

XC-02393-I-2001

C-2616-BN

LO1TC50799626

Ben-Car Transporte Urgente, S.L.

Travesía de Arteixo, 285-A1º esq.

15142 Arteixo (A Coruña)

Realizar co vehículo C-2616-BN, provisto de autorización MDL-N, recollida de paquetes en distintos establecementos comerciais do polígono industrial de Pocomaco (A Coruña), polo que se lle require ó conductor Benito Campoy García DNI 35069465-P, a autorización correspondente de operador de transportes, manifestando non tela e non considerala necesaria. Compróbase mediante albaráns nº 45248 e 42213, expedidos por Ben-Car Transporte Urgente, S.L. que estes corresponden a distintos remitentes e diferentes destinatarios. Advírteselle ó Sr. Campoy que a función realizada, ó xuízo desta inspección precisa da autorización xa citada, polo que se lle entrega un requirimento co fin de que sexa presentada no prazo legal.

4-10-2001; 12.10; Pocomaco

Art. 119 Lei 16/1987 e art. 161 R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, art. 201 R.D. 1211/1990250.000 ptas.
XC-02658-O-2001

C-8039-AX

G.C. Tráfico

Posa Cel, S.L.

Lg. Altamira, s/n

15181 Cambre (A Coruña)

Circular cun vehículo dos obrigados a levar instalado aparello tacógrafo, empregando o disco diagrama por tempo superior a 24 horas. Lectura ilexible, non constan datos na parte central do disco. Non presenta discos da semana.

5-6-2001; 12.05; N-550; 13,500

Art. 15 do R(CE) 3821/1985. Art. 15 do R(CE) 3821/1985. Art. 15 do R(CE) 3821/1985Art. 143 Lei 16/1987, art. 201 R.D. 1211/1990. Art. 143 Lei 16/1987, art. 201 R.D. 1211/1990. Art. 143 Lei 16/1987, art. 201 R.D. 1211/1990145.000 ptas.
XC-02694-O-2001

M-6289-HJ

G.C. Tráfico

Autos Ramón Outeiral, S.L.

Tenencia, s/n

15930 Boiro (A Coruña)

Minora-lo descanso diario un só conductor sobre un período de nove horas entre as 4.30 e as 7 horas. Recóllese o disco diagrama de data 5-6-2001 posto ás 7.26 horas, sendo parado ás 2.25 sen poder realizar descanso obrigatorio ó restar só cinco horas.

6-6-2001; 2.25; C-550; 14

Art. 15 do R(CE) 3821/1985. Art. 8 do R(CE) 3820/1985.Art. 143 Lei 16/1987, art. 201 R.D. 1211/1990. Art. 143 Lei 16/1987, art. 201 R.D. 1211/1990240.000 ptas.
XC-02729-O-2001

3383-BGH

G.C. Tráfico

Tuberías del Norte, S.L.

R. Franco, 41, s/n

15600 Ferrol (A Coruña)

Circular transportando unha carga de terra, carecendo de autorización administrativa.

19-7-2001; 21; N-651; 33,400

Art. 199 b) do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, art. 201 R.D. 1211/19905.000 ptas.
XC-02780-O-2001

M-3713-MP

G.C. Tráfico

Mecánica Alimentaria, S.A.

Gasset, 101

15823 A Pobra do Caramiñal

(A Coruña)

Circular transportando sacos de sosa cáustica, plástico desde Boiro a Ribeira, carece de tarxeta de transporte ou xustificante profesional dela.

18-7-2001; 17; VR-611; 37

Art. 199 b) do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, art. 201 R.D. 1211/19905.000 ptas.

XC-02788-O-2001

PO-1648-S

G.C. Tráfico

Obras y Reformas Tino, S.L.

Rúa da Agriña, 18

15790 Santiago de Compostela

(A Coruña)

Circular transportando dúas placas metálicas para sinalización de obras, con autorización administrativa ou tarxeta de transporte vencida con data do 30-4-2001.

12-7-2001; 8.20; N-525; 337,500

Art. 103 Lei 16/1987 e art. 158 R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, art. 201 R.D. 1211/199025.000 ptas.

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

XC-02805-O-2001

C-4893-BS

G.C. Tráfico

Tranemas, S.L.

Lg. Sentín-Rubiáns, 41

36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Circular co vehículo sinalado utilizando o mesmo disco diagrama por tempo superior a 24 horas, a superposición é ilexible. Utilizar un disco non válido para o tacógrafo E 1-04 por non coincidir co número de homologación. Marca co tacógrafo Kienzle.

9-6-2001; 7.45; N-634; 716

R(CE) 3821/1985. Art. 15 do R(CE) 3821/1985Art. 143 Lei 16/1987, art. 201 R.D. 1211/1990. Art. 143 Lei 16/1987, art. 201 R.D. 1211/199060.000 ptas.