Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 05 de febreiro de 2002 Páx. 1.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 18 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a peticición de autorización e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/154-3).

En aplicación dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se aproba o regulamento de aplicación da Lei 54/1997, do sector eléctrico, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se indica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: A Batundeira 2, 32690 Velle.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., O Marcado (Rante).

Situación: San Cibrao das Viñas.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, de 678 m con orixe na L.M.T. Louzán-Bertólez e remata no

C.T. proxectado aéreo con 50 kVA r/t 20.000/380-220 V no Marcado. Redes de baixa tensión derivadas do C.T. O Marcado e do C.T. Rante existente.

A declaración de utilidade pública, conforme o artigo 54 da citada lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens e adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se considera de necesaria ocupación, figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual, poderán presentar nesta delegación provincial as alegacións por duplicado, relativas á corrección de erros, limitacións á constitución de servidume de paso de liñas eléctricas (art. 161 do Decreto 1995/2000) e aquelas outras que se estimen oportunas.

Ourense, 18 de decembro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 2001/154Provincia: Ourense

L.M.T., C.T., R.B.T. Marcado (Rante)Termo municipal: San Cibrao das Viñas

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1Fonte BoaMª Teresa Picouto NovoaRuela, 14

32911 San Cibrao das Viñas

1110160

3A VeigaMonte altoEugenia Pérez CouceiroAvda. de la Habana, 6, 1º A

32003 Ourense

2230480

10EscabadasMonte baixoEsther Fernández Gonzálezr/ Progreso, 161

32005 Ourense

21210

16O MarcadoMonte baixoComunal Vecinos RanteRante

32910 San Cibrao das Viñas

30300

19O MarcadoMonte baixoMarcelino Fernández AñelParque de San Lázaro 14, 5º A

32003 Ourense

6324124

20O MarcadoLabradíoDámaso Núñez FernándezCasa Rectoral de Cacabelos

24540 León

6324120