O presidente, actuando en nome e representación do ente público Portos de Galicia segundo o previsto no artigo 6.3º a) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, resolveu adxudica-las seguintes obras:
-Instalación para travel-lift no porto de Cedeira.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Portos de Galicia.
b) Número de expediente: CO-12-04-01-01.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: administrativo.
Descrición do obxecto: instalación para travel-lift no porto de Cedeira.
b) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, número 217, do 9 de novembro de 2001.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: 826.478,86 euros. (137.514.511 pesetas).
5. Adxudicación.
a) Data: 19-12-2001.
b) Contratista: Oys Noroeste, S.L.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: 762.422,92 euros (126.856.500 pesetas).
-Realización dun estudio de solucións para a estabilización da canle de entrada á ría de Foz (Lugo).
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Portos de Galicia.
b) Número de expediente:
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: administrativo.
b) Descrición do obxecto: realización dun estudio de solucións para a estabilización da canle de entrada á ría de Foz (Lugo).
c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, número 184, do 21 de setembro de 2001.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: 99.166,10 euros (16.500.000 pesetas).
5. Adxudicación.
a) Data: 14-12-2001.
b) Contratista: Intecsa-Inarsa, S.A.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: 97.664,47 euros (16.250.000 pesetas).
6. Outras informacións: en cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei de Rexime Xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro, notifícase, advertindo que esta resolución pon fín á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade
co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Non obstante, o interesado poderá optar por interpor contra esta resolución, recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro.
O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2001.
Emilio García Gallego
Presidente do ente público Portos de Galicia

 
 
 
 