Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 05 de febreiro de 2002 Páx. 1.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto, para a contratación dun servicio de mantemento da aplicación informática desenvolvida para a xestión das reclamacións de responsabilidade patrimonial, soporte ós seus usuarios, así como a administración do contorno de explotación no que se atopa implantada (S/25-2002).

Obxecto e orzamento: servicio de mantemento da aplicación informática desenvolvida para a xestión das reclamacións de responsabilidade patrimonial, soporte ós seus usuarios, así como a administración do contorno de explotación no que se atopa implantada, por un importe máximo de noventa e tres mil cento cincuenta e seis con oitenta e oito euros (93.156,88 euros) IVE incluído.

Solvencia económica, financeira e técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no número 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación económica: non se esixe.

Prazo de execución: dous anos desde a sinatura do contrato.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade, División de Recursos Eco

nómicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo de San Lázaro s/n, 2ª planta, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Garantías: non se esixen.

Admisión de variantes: non se admiten.

Criterios de adxudicación: ver número 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade/Sergas, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas que a Consellería de Sanidade ten na 2ª planta, a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán entrega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos