Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 06 de febreiro de 2002 Páx. 1.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso (referencia L2001/15).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministración e Compras. b) Número de expediente: L2001/15.

2. Obxecto do contrato: limpeza do antigo cuartel de intendencia de San Amaro. Prazo de execución: o contrato terá a duración de dous anos, contados a partir da data da súa adxudicación, prorrogable antes da súa finalización por mutuo acordo do concello e o contratista por dous anos máis ata un máximo de catro anos (incluíndo o período inicial e a súas prórrogas).

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 10.000.000 de pesetas anuais (60.101,21 euros) IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: suministro*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este auto

maticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada. d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: anual. e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2002.

O alcalde

P.D.

Rubricado