A Secretaría Xeral e do Patrimonio recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admiten a trámite os recursos contencioso-administrativos números 01/0001512/2001 IN e 01/0001515/2001 IN, interpostos contra o Decreto 260/2001, polo que se desenvolve a disposición adicional oitava da Lei 5/2000, do 28 de decembro, no relativo á aplicación e xustificación polos concellos beneficiarios do Fondo de Cooperación Local.
En consecuencia, a Secretaría Xeral e do Patrimonio acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas corporacións locais interesadas no procedemento, as que se empraza para que poidan comparecer como parte nos autos perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sección primeira,
no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2002.
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería
de Economía e Facenda