Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 12 de febreiro de 2002 Páx. 1.661

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 31 de xaneiro de 2002 pola que se establece a convocatoria pública para a participación na programación de cursos de carácter presencial do Plan Autonómico de Formación de Formadores de Formación Profesional Ocupacional do ano 2002.

O Plan Autonómico de Formación de Formadores consiste nun conxunto de accións de formación dirixidas ós profesionais que participen como docentes nos plans de formación ocupacional da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude tendentes a capacitar para programar, impartir e avaliar cursos de formación ocupacional.

O Decreto 292/2000, do 21 de decembro, sobre formadores de formación ocupacional, establece no seu artigo 3 que a programación das accións a que fai referencia o citado decreto será realizada pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, con carácter anual e mediante convocatoria pública, con medios persoais e materiais propios ou alleos contratados para estes efectos.

No Plan Galego de Formación Profesional para o período 2002-2006 recóllense como obxectivos do plan de establecemento dunha estructura integrada de formación do profesorado os seguintes: a disposición dunha estructura estable que garanta a formación e actualización continua e permanente do profesorado público de FP; a homoxeneización e nivelación da formación e actualización do profesorado dos diferentes subsistemas de FP, facilitando a súa dispoñibilidade e eventual adaptación docente a calquera das modalidades de oferta, e, por último, a mellora do rendemento das estructuras de formación que require a formación e actualización tecnolóxica do profesorado de FP.

Unha vez aprobada a programación de cursos de cada provincia, tanto os cursos de formación metodolóxica, de acordo co previsto no certificado de profesionalidade da ocupación formador ocupacional, regulado polo Real decreto 1646/1997, do 31 de outubro, como os cursos de carácter monográfico, procédese agora á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento daquel mandato regu

lamentario, e á apertura da convocatoria pública para a presentación das solicitudes para participar neles.

Consecuentemente con todo o anterior, consultados o Consello Galego de Formación Profesional e o Consello Galego de Relacións Laborais, en exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.

1. O obxecto desta orde é a convocatoria e programación dos cursos, na modalidade presencial, de formación de formadores de formación ocupacional e o establecemento dos requisitos, condicións e criterios de selección dos alumnos, así como determinar cáles son os cursos ofertados e os lugares de impartición, que serán os recollidos no anexo I.

2. Estas accións formativas poderán ser cursos de formación metodolóxica, de acordo co previsto no certificado de profesionalidade da ocupación de formador ocupacional, e cursos de carácter monográfico, especialmente dirixidos á especialización e actualización docente.

3. Os cursos de formación metodolóxica que se ofertan son os seguintes: planificación e deseño de programas de formación (DOFF17): 80 horas; dirección de procesos de aprendizaxe (DOFF13): 180 horas; avaliación da formación (DOFF14): 70 horas; procesos de mellora da calidade da formación (DOFF15): 50 horas.

4. Impartiranse, así mesmo, de acordo co establecido no artigo 2.2º a) do Decreto 292/2000, do 21 de decembro, sobre formadores de formación ocupacional, os seguintes cursos de carácter monográfico: contorno Windows (25 horas); a Internet (40 horas); comunicación asertiva (25 horas); habilidades lingüísticas (40 horas); psicotécnica ocupacional (40 horas); introducción á formación a distancia (40 horas); intelixencia emocional (20 horas); asertividade: cómo defenderse sen atacar (20 horas); a Internet para a formación (20 horas); tratamento da imaxe dixital (20 horas); técnicas de comunicación oral (20 horas); Windows (20 horas); Power Point (30 horas); Word (40 horas); Internet (20 horas); Corel Draw (40 horas).

As datas e lugares de realización veñen recollidos no anexo I.

Artigo 2º.-Convocatoria.

A convocatoria dos cursos de formación metodolóxica que se vai realizar en cada provincia deberá difundirse mediante anuncio nun dos xornais de maior tiraxe dela, a través da súa exposición nos taboleiros de anuncios das delegacións provinciais da consellería e das oficinas de emprego. Os cursos monográficos deberán publicarse, ademais, en xornais de difusión autonómica.

A programación recollida no anexo I desta orde poderá modificarse, á vista das solicitudes presentadas, por resolución dos respectivos/as delegados/as provinciais. Estas modificacións, como mínimo, deberán ser expostas nos taboleiros de anuncios das delegacións provinciais desta consellería.

Artigo 3º.-Solicitudes.

1. Os interesados en participar nestas accións formativas deberán presenta-la solicitude no modelo normalizado que se publica como anexo II a esta orde, no rexistro das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude correspondente á provincia da súa residencia ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

2. No suposto de quereren participar en accións formativas en diferentes provincias, deberán formalizar unha solicitude independente para cada unha delas, tendo en conta que poderán solicitar ata un máximo de catro cursos en toda a Comunidade Autónoma.

3. Coa solicitude deberá achegarse a documentación acreditativa dos requisitos sinalados no artigo seguinte. Non obstante, non estarán obrigados a presentala os solicitantes que xa o fixeran na anterior convocatoria; neste caso, deberán achegar exclusivamente a xustificación dos méritos non acreditados anteriormente.

4. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia para os cursos programados no primeiro semestre. Nos cursos programados no segundo semestre (de xullo a decembro) o prazo será dun mes a partir do 15 de maio.

Artigo 4º.-Requisitos e criterios de selección de alumnos.

Requisitos de titulación.

Os aspirantes deberán posuí-la titulación académica e/ou a capacitación profesional esixida nos certificados de profesionalidade. No caso de non existir programas seguiranse os criterios que establezan os servicios competentes.

2. Os criterios para o acceso ós cursos que se convocan nesta orde serán os seguintes, por orde de prelación e con carácter excluínte:

Cursos: DOFF17 e DOFF13.

a) Docentes que estean impartindo ou impartisen cursos do Plan FIP no ano 2002 e que non teñan feito nin validado o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas ofertado pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en anos anteriores.

b) Docentes de escolas obradoiro, casas de oficios e talleres de emprego participantes en proxectos que

se desenvolvan ou finalicen no ano 2002 e que non teñan feito nin validado o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas ofertado pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en anos anteriores.

c) Docentes que impartisen cursos do Plan FIP outros anos que non teñan feito nin convalidado o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas ofertado pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en anos anteriores.

d) Docentes de escolas obradoiro, casas de oficios e talleres de emprego que impartisen docencia outros anos e que non teñan feito nin convalidado o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas ofertado pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en anos anteriores.

e) Docentes do Plan FIP ou de escolas obradoiro, casas de oficios ou talleres de emprego que non estean en ningún dos casos anteriores.

f) Outros docentes dos subsistemas de formación profesional.

Cursos: DOFF14 e DOFF15.

a) Docentes que estean impartindo ou impartisen cursos do Plan FIP no ano 2002 e que teñan feito ou validado o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas ofertado pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en anos anteriores.

b) Docentes de escolas obradoiro, casas de oficios e talleres de emprego participantes en proxectos que se desenvolvan ou finalicen no ano 2002 que teñan feito ou validado o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas ofertado pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en anos anteriores.

c) Docentes que impartisen cursos do Plan FIP outros anos que teñan feito ou validado o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas ofertado pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en anos anteriores.

d) Docentes de escolas obradoiro, casas de oficios e talleres de emprego que impartisen docencia outros anos e que teñan feito ou convalidado o curso de metodoloxía didáctica de 150 horas ofertado pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en anos anteriores.

e) Docentes do Plan FIP ou de escolas obradoiro, casas de oficios ou talleres de emprego que non estean en ningún dos casos anteriores.

f) Outros docentes dos subsistemas de formación profesional.

3. Para establece-la orde de prelación dos candidatos para cada un dos colectivos especificados no punto anterior, no caso de que o número de aspi

rantes sexa superior ó de prazas ofertadas, valoraranse os seguintes aspectos:

a) Pertenza ó catálogo de expertos da Xunta de Galicia: 15 puntos.

b) A experiencia profesional durante os últimos dez anos na especialidade ou especialidades nas que o aspirante imparte ou pretenda impartir cursos, valorándose con tres puntos cada ano acreditado.

c) A impartición de cursos de formación ocupacional, valorándose por cada cincuenta horas impatidas un punto, sempre que o curso sexa do Plan FIP ou dos impartidos en escolas obradoiro, casas de oficios e talleres de emprego, acreditada a través de certificación do responsable das entidades impartidoras na que se faga consta-la denominación dos cursos, datas de impartición, número de horas impartidas e programación á que corresponde.

d) A impartición de cursos de formación continua, valorándose por cada cincuenta horas impartidas un punto, sempre que o curso fora realizado ó amparo dos Acordos Nacionais de Formación Continua, acreditada a través da certificación do responsable da entidade impartidora, na que se faga consta-la denominación da acción formativa, datas de impartición, número de horas impartidas, número de plan e ano de convocatoria.

e) En caso de empate coa puntuación obtida nas alíneas b), c) e d) terán preferencia os aspirantes que pertenzan ó Catálogo de Expertos da Xunta de Galicia.

4. Para a asistencia ós cursos monográficos será requisito imprescindible ter experiencia docente na impartición de cursos incluídos nos plans de formación ocupacional da Consellería de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude. Na selección dos asistentes terase en conta a experiencia profesional, de acordo cos criterios sinalados nas alíneas b), c) e d) do punto anterior.

No caso de que queden prazas vacantes, unha vez aplicados os criterios recollidos neste artigo, poderán acceder á impartición de cursos monográficos docentes de calquera dos outros dous subsistemas de formación profesional.

Artigo 5º.-Resolución.

A selección definitiva dos alumnos asistentes ós cursos realizarase por resolución do/a respectivo/a delegado/a provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude no prazo de tres meses contados desde o día seguinte ó da publicación da presente orde, notificándoselles persoalmente ós interesados. Transcorrido o citado prazo sen que recaese resolución expresa, esta entenderase desestimatoria.

Contra as resolucións dos delegados provinciais poderá interpoñerse recurso de alzada ante a con

selleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Artigo 6º.-Diplomas.

Para ter dereito a diploma acreditativo de ter realizado calquera dos cursos que se regulan nesta convocatoria será preciso asistir, como mínimo, ó 90% das súas horas lectivas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Formación e Colocación para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instruccións necesarias para o desenvolvemento e execución da presente disposición.

Segunda.-Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2002.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude

ANEXO I

Programación Formación de Formadores 2002

Clave

do curso

DenominaciónMes aproximado

de inicio e horario (1)

Lugar de

impartición

C-1DOFF14-Avaliación da formaciónMaio/tardeA Coruña

C-2DOFF17-Planificación e deseño de programas de formaciónXuño/tardeA Coruña

C-3DOFF17-Planificación e deseño de programas de formaciónOutubro/tardeA Coruña

C-4DOFF15-Procesos de mellora da calidade da formaciónNovembro/mañáA Coruña

C-5DOFF17-Planificación e deseño de programas de formaciónNovembro/tardeA Coruña

C-6DOFF15-Procesos de mellora da calidade da formaciónDecembro/mañáA Coruña

C-7DOFF14-Avaliación da formaciónDecembro/tardeA Coruña

C-8DOFF17-Planificación e deseño de programas de formaciónMaio/tardeFerrol

C-9DOFF14-Avaliación da formaciónMaio/tardeSantiago de Compostela

C-10DOFF17-Planificación e deseño de programas de formaciónXuño/tardeSantiago de Compostela

C-11DOFF14-Avaliación da formaciónOutubro/tardeSantiago de Compostela

C-12DOFF15-Procesos de mellora da calidade da formaciónOutubro/mañáSantiago de Compostela

LU-1DOFF17-Planificación e deseño de programas de formaciónMarzo/mañáLugo

LU-2DOFF15-Procesos de mellora da calidade da formaciónAbril/mañáLugo

LU-3DOFF14-Avaliación da formaciónMaio/mañáLugo

LU-4DOFF14-Avaliación da formaciónSetembro/mañáLugo

LU-5DOFF15-Procesos de mellora da calidade da formaciónOutubro/mañáLugo

OU-1DOFF13-Dirección de procesos de aprendizaxeAbril/mañáOurense

OU-2DOFF13-Dirección de procesos de aprendizaxeSetembro/tardeOurense

OU-3DOFF17-Planificación e deseño de programas de formaciónXullo/tardeOurense

OU-4DOFF17-Planificación e deseño de programas de formaciónDecembro/mañáOurense

Clave

do curso

DenominaciónMes aproximado

de inicio e horario (1)

Lugar de

impartición

OU-5DOFF14-Avaliación da formaciónAbril/tardeOurense

OU-6DOFF14-Avaliación da formaciónXullo/mañáOurense

OU-7DOFF14-Avaliación da formaciónOutubro/mañáOurense

OU-8DOFF15-Procesos de mellora da calidade da formaciónMaio/tardeOurense

OU-9DOFF15-Procesos de mellora da calidade da formaciónSetembro/mañáOurense

OU-10DOFF15-Procesos de mellora da calidade da formaciónDecembro/tardeOurense

PO-1DOFF13-Dirección procesos de aprendizaxeAbril/tardeVigo

PO-2DOFF13-Dirección procesos de aprendizaxeAbril/mañáVigo

PO-3DOFF15-Procesos de mellora da calidade da formaciónMaio/tardePontevedra

PO-4DOFF15-Procesos de mellora da calidade da formaciónMaio/tardeLalín

PO-5DOFF14-Avaliación da formaciónXuño/tardePontevedra

PO-6DOFF14-Avaliación da formaciónXuño/tardeLalín

PO-7DOFF14-Avaliación da formaciónNovembro/tardeVigo

PO-8DOFF15-Procesos de mellora da calidade da formaciónNovembro/mañáVigo

PO-9DOFF14-Avaliación da formaciónSetembro/mañáVigo

PO-10DOFF17-Planificación e deseño de programas de formaciónSetembro/tardeVigo

PO-11DOFF17-Planificación e deseño de programas de formaciónOutubro/mañáVigo

PO-12DOFF15-Procesos de mellora da calidade da formaciónNovembro/tardeVigo

ANEXO I

Cursos monográficos

Clave

do curso

DenominaciónMes aproximado

de inicio e horario (1)

Lugar de

impartición

C-M-1Contorno WindowsMarzo/tardeA Coruña

C-M-2A internetMarzo/tardeA Coruña

C-M-3Contorno WindowsAbril/tardeA Coruña

C-M-4A internetAbril/tardeA Coruña

C-M-5Comunicación asertiva: a arte de defenderse sen atacarMaio/mañáA Coruña

C-M-6Comunicación asertiva: a arte de defenderse sen atacarOutubro/mañáA Coruña

C-M-7Habilidades lingüísticasXuño/mañáSantiago de Compostela

C-M-8Psicotécnica ocupacionalXullo/mañáSantiago de Compostela

C-M-9Introducción á formación a distancia Novembro/mañáSantiago de Compostela

C-M-10Intelixencia emocionalDecembro/mañáSantiago de Compostela

LU-M-1Asertividade. Como defenderse sen atacarXuño/mañáLugo

LU-M-2A internet para a formaciónXuño/tardeLugo

LU-M-3Tratamento da imaxe dixitalXuño/tardeLugo

LU-M-4Técnicas de comunicación oralNovembro/tardeLugo

PO-M-1WindowsXuño/mañáVigo

PO-M-2Power PointAbril/mañáVigo

PO-M-3WordAbril/tardeVigo

PO-M-4A internetAbril/tardeVigo

PO-M-5WindowsSetembro/tardeVigo

PO-M-6WordOutubro/tardeVigo

PO-M-7A internetNovembro/tardeVigo

PO-M-8Corel DrawDecembro/mañáVigo

PO-M-9Power PointSetembro/tardeVigo

(1) Tanto os meses de inicio como o horario dos cursos poderán variar en función da planificación das accións formativas.