Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 12 de febreiro de 2002 Páx. 1.668

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2002, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00369-I-2001 e outro máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral de Transportes dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa, no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso, que debe de efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1315, código cliente 417, e, de non facelo así, procederase o seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para que conste, e sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 15 de xaneiro de 2002.

Carlos A. González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00369-I-2001

C-1914-BP

3325183846L145100492

Luis Manuel Seco Mirón

Liñares s/n

15911 Rois (A Coruña)

Realizar transporte de mercadorías (leite) co vehículo matrícula C-1914-BP, (vehículo ríxido de 2 eixes) que está provisto dunha autorización da clase MPC-nacional, o citado vehículo está autorizado cunha M.M.A. de 3.500 kg e presenta un peso total en báscula de 4.900 kg, o que supón realizar transporte cun exceso de peso de 1.400 kg que representa un 40% de exceso sobre a M.M.A. do vehículo.

9-10-2001; 11.39; CP-701; 3

Art. 200.3º

R.D.1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

75.000 ptas.
XC-00392-I-2001

C-9615-BD

LOITC50799623

Ángel López Blanco

Paleo 12

15175 Carral (A Coruña)

Realizar transporte privado de mercadorías perigosas (bombonas de butano) co vehículo matrícula C-9615-BD, levando 85 bombonas de butano cheas, resultando un peso de 2.125 kg e unha tara de 2.340 kg representando entre ambos un total de 4.465 kg. estando autorizado para un PMA de 3.500 kg o que supón un 27% de exceso sobre o PMA do vehículo. (Vehículo lixeiro).

19-2-2001; 10.30

Art. 200.3º

R.D.1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

50.000 ptas.