Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 12 de febreiro de 2002 Páx. 1.672

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 11 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/261-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica Silleda, S.L.

Domicilio social: avda. Parque, 15, 36540 Silleda.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. no Fieitoso-Olives.

Situación: A Estrada.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 1.040 m de lonxitude, con conductor LA-30, sobre apoios metálicos e de formigón, desde o C.T. existente Fraíz ata o C.T. que se proxecta no Fieitoso-Olives, no concello da Estrada. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 590 m de lonxitude, con conductor R.Z., sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 11 de decembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra