Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 12 de febreiro de 2002 Páx. 1.675

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 14 de xaneiro de 2002 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión da batea Fevival I.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Fevival I e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

A) Antecedentes de feito.

Primeiro: mediante escrito de data 17-7-2001, Ricardo Comojo Abuín solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea Fevival I.

Segundo: os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

B) Fundamentos xurídicos.

Primeiro: este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Segundo: o expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo

común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, do réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte resolución:

Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Ricardo Comojo Rodríguez (DNI 33221778A), da concesión administrativa da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Fevival I.

Situación: cuadrícula nº 163.

Polígono: E.

Distrito: O Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 25-11-1964 (BOE/DOG nº 294, do 8-12-1964).

Remate vixencia: 8-12-2004.

Actual titular: Ricardo Comojo Abuín (DNI 35379909K).

Novo titular: Ricardo Comojo Rodríguez (DNI 33221778A).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sin ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día

seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2002.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña