Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 13 de febreiro de 2002 Páx. 1.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2002, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións dictadas polo director xeral de Transportes, por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00198-I-2001).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Transportes recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer recurso

ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa, no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso, que debe de efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1315, código cliente 417, e, de non facelo así, procederase o seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para que conste, e sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela 15 de xaneiro de 2002.

Carlos A. González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00198-I-2001

Obstrucción

3325183846L145100492

Santiago Piñeiro Rodríguez

Hórreo, 168, 5º A

15702 Santiago de Compostela (A Coruña)

Con data de rexistro de saída 6-3-2001, foi requirido Santiago Piñeiro Rodríguez para que no prazo de 10 días contados desde a recepción do requirimento, remitise a esa subdirección xeral os discos diagrama dos vehículos matrículas C-0767-AZ, C-5694-AT, C-8437-AF, C-2600-AL y C-9274-AZ, do período comprendido entre o 16 de xullo e o 3 de setembro do ano 2000, así como relación de conductores que prestaron os seus servicios nos vehículos durante o dito período de tempo, segundo o correspondente xustificante a recepción do requirimento tivo lugar o 13-3-2001. Transcorrido o prazo sinalado non se cumpriu co citado requirimento, o que constitúe unha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicios de inspección, impedíndolle o exercicio das súas funcións.

21-5-2001; 12

Art. 33 da Lei 16/1987, de 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31) e art. 19 do Real decreto 1211/1990, de 28 de setembro, regulamento da Lei 1687/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro).Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

250.000 ptas.