A Comisión de Goberno, na sesión do 19 de novembro de 2001, aprobou definitivamente o expediente complementario da reparcelación do polígono A do SUNP-6 de San Lázaro.
Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2002.
Luis Toxo Ramallo
Conselleiro delegado de Urbanismo

