O Concello Pleno, en sesión realizada o 14 de decembro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Desestima-lo recurso de reposición presentado por Patrimonio de Renfe, contra o acordo de aprobación definitiva do sector S-10 parque ofimático con base nos informes técnico e xurídico que constan no expediente, dos que se dará traslado íntegro ós interesados.
Segundo.-Acorda-la suspensión da eficacia do acto de aprobación definitiva do sector S-10 parque ofimático, ó incumpri-la lexislación en vigor, por incluír na área de reparto superficie do sistema xeral de comunicacións da rede ferroviaria de imposible cesión gratuíta á administración actuante, superficie que ademais se tivo en conta para o cálculo do aproveitamento lucrativo privado.
Terceiro.-Inicia-las xestións necesarias para a redacción do documento de modificación do plan
parcial, sector S-10 parque ofimático, co obxecto de corrixi-lo erro detectado con relación ó sistema xeral de comunicación da rede ferroviaria.
Cuarto.-Notifica-lo presente acordo ós interesados.
Quinto.-Publica-lo acordo de suspensión no Diario Oficial de Galicia e no BOP.
Sexto.-Outorgar recurso ó presente acordo.
Contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación.
Os gastos desta publicación correrán a cargo do promotor do proxecto: IGVS.
A Coruña, 2 de xaneiro de 2001.
P.D.
José F. Nogueira Fernández
Concelleiro de Seguridade Cidadá

