Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.718

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (715/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 715/2001, seguidos por instancia de María del Carmen Fernández Valledor contra a empresa Braseira Astoria, S.L., sobre despedimento, se dictou o auto cun encabezamento e parte dispositiva que di:

Auto.-Lugo, 24 de xaneiro de 2002.

Parte dispositiva.

Xa que a empresa Braseira Astoria, S.L. non procedeu á readmisión da traballadora María del Carmen Fernández Valledor, como así se acordou en sentencia do 27-11-2001, é procedente substituí-la obriga de readmitir por indemnización e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa Braseira Astoria, S.L. e polo dito concepto, a que lle aboe á demandante a cantidade de sete mil setecentos trinta e nove euros con trinta céntimos de euro (7.739, 30 euros), igualmente, debo condenar e condeno a referida empresa a que lle aboe á traballadora polo concepto de salarios deixados de percibir desde a data da sentencia ata a desta resolución, a cantidade de mil trescentos corenta e sete euros con noventa e nove céntimos de euro (1.347,99 euros). Declárase extinguida a relación laboral que unía a traballadora Fernández Valledor e a empresa Braseira Astoria, S.L., desde a data desta resolución, 24 de xaneiro de 2002.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de reposición no prazo de cinco días perante este xulgado 184.1º LPL.

Así, por este auto, acórdao, mándao e asínao María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada xuíza do

Xulgado do social número un dos de Lugo e a súa provincia.

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Braseira Astoria, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o vintecatro de xaneiro de dous mil dous.

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA