Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do expediente sancionador PO-I-01/104 e outro máis (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e o seu regulamento do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó nº de conta 2091-0388-90-3110001181 da Caixa de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día da presente publicación, conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto) e unha vez producida a firmeza desta resolución -firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 23 de xaneiro de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-I-01/104.

Denunciado: Moisés Terreduelas Hernández.

Último enderezo coñecido: Tolosa, 8, 28041 Madrid.

Feito denunciado: abandono dun vehículo en zona forestal.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do regulamento da Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da Lei de incendios forestais.

Sanción: 300,51 euros.

Expediente: PO-I-01/122.

Denunciado: Francisco Matalobos Tanoira, S.L.

Último enderezo coñecido: San Jorge de Vea, 36680 A Estrada.

Feito denunciado: abandono dun vehículo en zona forestal.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do regulamento da Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da Lei de incendios forestais.

Sanción: 300,51 euros.