Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.886

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (376/1999-E).

Eu, Federico Seoane Rosa, secretario do Xulgado de Instrucción número catro da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo de faltas nº 376/1999-E, instruídos neste xulgado foi dictada a sentencia co encabezamento e dictame que son do teor literal que a seguir se indica:

«Sentencia.-Na Coruña o 30 de marzo de dous mil un.

Vistos os presentes autos de xuízo de faltas número 376/1999, tramitados perante este xulgado por denuncia, no que son parte, ademais do Ministerio Fiscal, como denunciante Susana Couto García e José Luis Veleiro Arias, e como denunciada María del Mar Suárez Graña.

Decido que debo condenar e condeno a María del Mar Suárez Graña como autora dunha falta continuada de furto prevista e penada no artigo 623.1º do Código Penal, á pena dun arresto de fin de semana.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes prevíndoas de que contra ela poderán interpoñer perante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días por medio de escrito expresivo dos quebrantamentos de normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infraccións de preceptos consituticionais ou legais que se aleguen».

E para que así conste e lle sirva de notificación a María del Mar Suárez Graña, expido este testemuño na Coruña o trinta e un de xaneiro de dous mil dous.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE ARZÚA