Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.887

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (591/2000).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 591/2000 se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que din:

«En Carballo, 31 de xaneiro de 2002.

María D. Rivas Navarro, titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade e o seu partido xudicial, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas contra a orde pública, rexistrada baixo o nº 591/2000, tramitada por instancia dos axentes da Policía Local con nº de identificación 119222 e 119215, en calidade de denunciantes, contra R. Marcelo Ramos Ciscato, en calidade de denunciado. Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que condeno a R. Marcelo Ramos Ciscato como autor dunha falta contra a orde pública á pena de corenta días de multa, cunha cota diaria de seis euros, o que fai un total de douscentos corenta euros. Esta cantidade deberá ser satisfeita no prazo de dez días desde a data desta sentencia, prevíndoo de que, en caso de non a satisfacer e logo da exacción dos seus bens, quedará suxeito a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade, por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en réxime de arresto de fin de semana. Todo isto con expresa en custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, prevíndoas de que contra ela cabe interpor, neste xulgado, recurso de apelación, que resolverá a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá certificación ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a R. Marcelo Ramos Ciscato, actualmente en ignorado paradoiro, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto, que asino en Carballo o 31 de xaneiro de 2002.

O secretario

Rubricado