Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto
1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Airtel Móvil, S.A.
Domicilio social: r/ Severo Ochoa, 1, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T. aérea a 20 kV, C.T. aéreo 50 kVA e R.B.T. subt. para estación de telefonía móbil.
Situación: O Vicedo.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, de 34 m de lonxitude, conductor tipo LA-56, con orixe en apoio L.M.T. aérea existente e final en C.T. proxectado. C.T. aéreo de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. subterránea de 430 m de lonxitude e conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 22 de outubro de 2001.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo

