De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan que con esta data resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por presuntas infraccións da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33, do 11 de xullo), por non ser posible a súa notificación.
Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para formularen cantas alegacións estimen pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense.
Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiráselles ó delegado provincial desta consellería, para a resolución do procedemento.
O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).
Ourense, 28 de xaneiro de 2002.
Agustín Prado Verdeal
Delegado provincial de Ourense
ANEXO
Expediente: OU 037/01C.
Denunciado: Ángel Méndez Martínez.
DNI: 34952683-C.
Último enderezo coñecido: Viladequinta, Carballeda de Valdeorras, Ourense.
Feito probado: circular nun vehículo, matrícula OR-4101-T, levando un rifle marca FN Browning número 207NV18434, cargado e listo para o disparo.
Precepto infrinxido e sancionador: artigo 57.33º da Lei de caza de Galicia.
Cualificación da infracción: leve.
Sanción: multa de 120,20 euros.
Instructora: Miriam Areal López.

