Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 25/2001.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas pola Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

1. Nome e domicilio do servicio: Contratación Administrativa. A Choupana s/n 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 62. Fax: 981 95 09 85.

2. Modalidade de adxudicación elixida (no caso de procedemento negociado, xustificación): concurso aberto e ordinario.

3. Categoría do servicio e descrición. Número de referencia da CCP: C.P.V: 74733000.

Expediente nº 25/2001 (servicio de lavandería para o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela).

4. Data de adxudicación do contrato: 25-9-2001.

5. Criterios de adxudicación do contrato:

1) Prezo de 0 a 40 puntos.

2) Características técnicas da lavandería medios de transporte, sistema de distribución e sistemas de informática de 0 a 20 puntos.

3) Organización do servicio e distribución do persoal de 0 a 20 puntos.

4) Sistema de control de calidade de 0 a 20 puntos.

6. Número de ofertas recibidas: 1.

7. Nome e enderezo do provedor ou provedores:

Nome: SERVIMGAL, S.L.

Enderezo: Camiño do Romeu, s/n, 36330 Coruxo-Vigo.

8. Prezo ou gama de prezos (mínimo/máximo) pagado(s): 99 pesetas/kg-0,6 euros/kg.

9. Se é o caso, valor parte do contrato que pode ser obxecto de subcontratación a terceiros: non.

10. Outras informacións: ver servicio do punto 1.

11. Data de publicación do anuncio do contrato no Diario Oficial de las Comunidades Europeas: DOCE do 22 de xuño; BOE do 27 de xuño; DOG do 6 de xuño de 2001.

12. Data de envío do anuncio: 6 de febreiro de 2002.

13. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, e pode ser impugnada na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2002

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario Universitario

de Santiago de Compostela