Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (18/1999).

Pola Comisión de Goberno Municipal en sesión celebrada o día 18 de xaneiro de 2002 adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente as bases e estatutos presentados pola Comisión Xestora do Polígono H3.01 San Amaro do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente coas modificacións nos estatutos e bases que se sinalan a continuación:

Artigo 11 dos Estatutos no parágrafo 5º:

«Nas reunións da asemblea xeral ordinaria poderán adopotarse acordos sobre as materias que figuren na orde do día e poderán adicionarse asuntos urxentes cando estean presentes a totalidade dos membros da xunta e se aprobe por maioría dos presentes».

Artigo 11 parágrafo 7º:

«Reuniranse cando o presidente ou o Consello Rector o estimen conveniente e cando o soliciten membros que representen, polo menos o 5% das cotas de participación; neste caso ha de convocarse no prazo máximo dun mes; podendo adoptar acordos sobre as materias que figuran na orde do día ou aqueloutras cando sexa aprobado por maioría da totalidade dos membros da xunta».

Artigo 22:

«A designación do presidente corresponde á asemblea co quórum ordinario, ó igual cá dos demais membros do Consello Rector, no momento da formalización da escritura de constitución da Xunta de Compensación».

Artigo 30:

«Contra os acordos da Xunta de Compensación cabe formular recurso de alzada ante a Administración dentro do prazo de quince días seguintes a notificación do acordo, debendo concederse audiencia a Xunta de Compensación con carácter previo á resolución do recurso».

Segundo.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, advertíndolles que poderán solicita-la incorporación á Xunta de Compensación no prazo dun mes contado

a partir da presente notificación mediante escrito presentado ante a propia Comisión Xestora ou ante este concello.

Terceiro.-Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente segundo o modelo oficial que se xunta, facultando a Comisión Xestora e no seu nome a José Pichel Vispo, como presidente dela, para a súa presentanción e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

Cuarto.-Adverti-la Comisión Xestora de que unha vez vencido o prazo dun mes a que se refire o punto segundo precedente, e logo de declaración de firmeza que será realizada por esa Administración, deberá de proceder á constitución da Xunta de Compensación con citación dos propietarios que solicitaran a súa incorporación, para o que dispoñen dun prazo máximo de tres meses contados desde a citada declaración de firmeza.

Quinto.-Designar como representante municipal no órgano rector da xunta a Berta Rosón López.

Sexto.-Requiri-la Comisión Xestora, e no seu nome a José Pichel Vispo para que ingresa na Caixa Municipal en concepto de depósito previo correspondente a liquidación da taxa pola tramitación do expediente, a cantidade de duascentas cincuenta mil catrocentas vinteoito pesetas, advertíndoa de que sen a xustificación de ingreso da dita cantidade non se poderá aproba-lo proxecto de compensación.

O que se publica para xeral coñecemento indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación. Non obstante pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o T.S.X.G. no prazo de dous meses, se a resolución fora expresa, e noutro caso no de seis meses contados da desestimación presunta do recurso de reposición, isto é, a partir do mes de telo interposto.

A presente publicación producirá tamén os efectos previstos no art. 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para aqueles supostos de interesados ós que non poidan serlles practicada a notificación persoal.

A solicitude de adhesión a Xunta de Compensación acompañaranse os títulos que posúan e declararán as situacións xurídicas que afecten os seus predios.

Domicilio da Comisión Xestora: r/ San Andrés 56-8º C. Teléfono: 981 22 10 33.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2002.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo