Aprobado con carácter inicial pola Comisión de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 10 de xaneiro de 2002, o estudio de detalle de iniciativa privada presentado e promovido por Francisco Romar Blanco, con domicilio na rúa Corredoira da Torre, nº 5 (Santa Comba), para o desenvolvemento da área de reparto 24 (PNC-24) do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal, redactado polo enxeñeiro de camiños Pedro Quintáns Díaz, faise público ó abeiro dos artigos 34 e 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e 140 do Regulamento de planeamento urbanístico.
Primeiro.-Suspéndese o outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición na zona delimitada polo estudio de detalle, polo prazo dun ano, aínda que a dita suspensión se extinguirá coa aprobación definitiva do estudio de detalle.
Segundo.-Sométese a información pública esta aprobación inicial para efectos de alegacións, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia, no BOP e nun xornal dos de maior tirada da provincia, durante o prazo dun mes que comezará a contar desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santa Comba, 24 de xaneiro de 2002.
José Toja Parajó
Alcalde-presidente

