Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 2002 Páx. 3.385

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 71/2002, do 14 de febreiro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de gravado e técnicas de estampación, correspondente á familia profesional de artes aplicadas ó libro e o acceso ó dito ciclo formativo.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, determina no seu artigo 4, que se entende por currículo o conxunto de capacidades terminais, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada un dos niveis, etapas, ciclos, graos e modalidades nos que se organiza a práctica educativa. Sobre esta base efectúa un dobre reparto competencial, atribúe por unha parte, ó Goberno polo que se lle fixa-los aspectos básicos do currículo que constituirán as ensinanzas mínimas en todo o Estado coa finalidade de garantir unha formación común de tódolos alumnos e a validez dos títulos correspondentes e, por outra, atribúe ás administracións con competencia en materia educativa o establecemento do currículo do que formarán parte as ditas ensinanzas mínimas.

Polo tanto, unha vez publicado o Real decreto 676/1993, do 7 de maio, polo que se establecen as directrices xerais sobre os títulos e as correspondentes ensinanzas mínimas de formación profesional, definidas as ensinanzas mínimas correspondentes ó título de técnico superior de artes plásticas e deseño en gravado e técnicas de estampación polo Real decreto 1386/1995, do 4 de agosto, e tendo en conta o establecido no Real decreto 389/1992, do 15 de abril, sobre os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas, procede establece-lo currículo do dito ciclo formativo para o ámbito de competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Cómpre asegurar no alumnado unha formación artística de calidade e garanti-la cualificación dos futuros profesionais das artes plásticas e deseño. Por iso, o currículo inclúe, ademais dos coñecementos académicos vinculados ó ensino máis tradicional, outros aspectos inherentes á formación profesional e que permitan a incorporación dos xoves á vida activa, cun grao de formación que lles permita adaptarse ás modificacións que poidan producirse ó longo da súa vida e que contribúa á formación permanente dos cidadáns ó tempo que atende as demandas de cualificación do sistema productivo, e tendo en conta as necesidades de desenvolvemento económico e social da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa dimensión no fomento do noso patrimonio cultural.

As ensinanzas de artes plásticas e deseño están constituídas por un conxunto de ciclos formativos

cunha organización modular variable tanto na duración destes como na diversidade de áreas de coñecemento teórico-prácticas en función dos distintos campos profesionais. As capacidades terminais dos distintos módulos profesionais, definidos neste decreto, describen o comportamento do alumnado en termos dos resultados avaliables que se requiren para acada-los aspectos básicos da competencia xeral. Estes aspectos básicos aseguran unha cualificación común do titulado, garantía do título en todo o Estado e de correspondencia europea das cualificacións outorgadas ós alumnos.

Os contidos curriculares non teñen que ser interpretados como unidades temáticas, nin por tanto, necesariamente organizados na mesma orde na que aparecen nesta norma, precisando, polo tanto, dunha ulterior concreción por parte do equipo de profesores que, coa necesaria flexibilidade, programarán interdisciplinarmente as secuencias de aprendizaxe, destacando nos ámbitos artísticos, técnicos e naqueles específicos do ámbito profesional do alumno, os contidos de maior significación cara ó desenvolvemento cualificado das actividades profesionais. Esta concreción ten que referirse principalmente ás liñas xerais de aplicación dos criterios de avaliación, á metodoloxía e as actividades de carácter didáctico. Finalmente, cada profesor, no marco deste proxecto, realizará a súa propia programación, recollendo os procesos educativos que se propón desenvolver na aula.

Os criterios de avaliación establecen o tipo e grao de aprendizaxe que se espera que acaden os alumnos nun momento determinado, respecto das capacidades indicadas nos obxectivos xerais e nos específicos de cada módulo. O nivel de cumprimento destes obxectivos, en relación cos criterios de avaliación fixados, deben ser medidos con flexibilidade, tendo en conta as características e posibilidades dos alumnos.

A incorporación ós ciclos formativos de fases de formación práctica e do proxecto final é un elemento fundamental na construcción deste modelo formativo. A colaboración de profesionais, entidades e institucións, contribuirá á concreción de proxectos educativos que anticipen solucións reais no mundo laboral.

Para completa-lo currículo, o centro docente dispón dun determinado número de horas lectivas que, xunto co módulo de formación en centros de traballo, permitirán a súa adaptación tendo en conta as características do alumnado, ás necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Asemade, o presente decreto regula o acceso a este ciclo formativo, por medio dunha proba específica que deberá avalia-los coñecementos e as aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento as

ensinanzas correspondentes a este ciclo, ó tempo que establece os requisitos de acceso a estes estudios.

En virtude de todo iso, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe do Consello Escolar de Galicia, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de febreiro de dous mil dous,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto regula o currículo das ensinanzas do ciclo formativo de artes plásticas e deseño de grao superior de gravado e técnicas de estampación, pertencente á familia de artes aplicadas ó libro, correspondente ó título de técnico superior de artes plásticas e deseño de gravado e técnicas de estampación, de acordo co establecido no punto 3 do artigo 4º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo e integra o establecido no Real decreto 1386/1995, do 4 de agosto, polo que se regulan as ensinanzas mínimas do dito ciclo formativo.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración deste ciclo formativo son as que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O presente decreto será de aplicación no ámbito territorial de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 3º.-Perfil profesional.

A competencia e as capacidades profesionais, as tarefas máis significativas e o campo profesional, que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 4º.-Currículo do ciclo formativo.

1. Para os efectos do disposto neste decreto, enténdese por currículo do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de gravado e técnicas de estampación o conxunto de capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación que regularán a práctica docente neste ciclo formativo, as fases de formación práctica en empresas, estudios e talleres, así como o proxecto final.

2. Os obxectivos xerais do ciclo formativo de grao superior de gravado e técnicas de estampación son os que se establecen no punto 3.1. do anexo deste decreto.

3. As capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación dos módulos correspondentes ó ciclo formativo a que se refire este decreto, a súa distribución en cursos e os tempos lectivos, así como o proxecto final e a fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres son os que se establecen nos puntos 3.2., 3.3. e 3.4. do anexo deste decreto.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 5º.-Ordenación académica das ensinanzas.

1. As presentes ensinanzas organízanse en módulos; fases de formación práctica en empresas, estudios ou talleres e proxecto final.

2. Para os efectos do disposto neste decreto, o concepto «módulo» considerarase equivalente ós termos «materia teórica», «materia teórico-práctica» e «clases prácticas» a que se refire o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas.

Artigo 6º.-Admisión do alumnado.

Os criterios de admisión do alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1. do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Avaliación.

1. A obtención do correspondente título requirirá a avaliación positiva das distintas capacidades nas que se estructura o ensino impartido no centro educativo: dos módulos, das fases de formación práctica en empresas, estudios ou talleres, así como do proxecto final.

2. A organización e avaliación da fase de formación práctica en empresas e do proxecto final é a que se expresa no punto 4.2. e 4.3. do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Profesorado.

As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.4. do anexo deste decreto.

Artigo 9º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición deste ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.5. do anexo deste decreto.

Artigo 10º.-Relación numérica profesor/alumno.

De conformidade co establecido no artigo 44 do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas artísticas, manterase unha relación numérica profesor/alumno, que se determina no punto 4.6 do anexo deste decreto.

Artigo 11º.-Correspondencias.

1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá recoñece-la correspondencia coa práctica laboral dos módulos que se indican no punto 4.7. do anexo deste decreto.

Así mesmo, poderá quedar total ou parcialmente exento da fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres, quen acredite experiencia laboral no campo profesional directamente relacionada con este ciclo formativo.

Artigo 12º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.8 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características do alumnado, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Artigo 13º.-Proxecto curricular.

1. Os centros docentes concretarán e completarán o currículo do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de gravado e técnicas de estampación mediante a elaboración de proxectos curriculares para o dito ciclo.

2. O proxecto curricular de centro deberá conter unha adecuación dos obxectivos xerais deste ciclo ás características do alumnado, criterios metodolóxicos de carácter xeral en relación co proceso de avaliación, así como en materia de diversificación curricular.

3. O proxecto curricular do centro incluirá, así mesmo, a distribución das capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación do ciclo formativo, incluídos os programas de cada materia. A dita distribución non deberá variar para un mesmo grupo de alumnos ó longo do dito ciclo.

4. O proxecto curricular do centro formará parte da programación da súa actividade docente e incorporarase á programación xeral correspondente.

5. Os profesores desenvolverán programacións da súa actividade docente de acordo co currículo e co proxecto curricular do centro.

Disposición transitoria

Única.-Ata que se determinen as novas especialidades docentes, a competencia do profesorado pertencente ós corpos de profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño para a impartición de cada módulo, queda definida pola súa pertenza ás especialidades que se indican no punto 4.4. do anexo deste decreto. Non obstante, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no seu ámbito de competencia e durante o mesmo período transitorio, poderá autorizarlle-la impartición de determinados módulos a aqueles docentes que, á promulgación deste decreto, se encontrasen impartindo materias equivalentes da anterior ordenación, sempre que acrediten preparación para isto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dicta-las disposicións necesarias para a aplicación e desenvolvemento do establecido neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catorce de febreiro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: técnico superior de artes plásticas e deseño de gravado e técnicas de estampación.

-Nivel: grao superior de artes plásticas e deseño.

-Duración: 1.950 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Dominio do conxunto de técnicas: xilografía, calcografía, litografía e serigrafía, utilizadas como medio de expresión artística para configurar unha obra que, imaxinada e deseñada polo artista, require do posterior proceso de estampación para a súa multiplicación.

2.2. Capacidades profesionais.

* Valorar de forma idónea as necesidades formuladas na proposta de traballo, así como os aspectos plásticos, artísticos, técnicos, organizativos e económicos, para configura-lo proxecto de traballo, seleccionando as especificacións plásticas e técnicas oportunas para conseguir un óptimo resultado no seu traballo profesional.

* Resolve-los problemas artísticos e tecnolóxicos que se presenten durante o proceso de realización e estampación de matrices xilográficas, calcográficas, litográficas e serigráficas, xa sexan de creación propia ou doutros artistas.

* Saber utiliza-las medidas preventivas necesarias para que os procesos de realización utilizados non incidan negativamente no ambiente.

* Comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade profesional neste campo.

* Seleccionar e valorar criticamente as situacións plásticas, artísticas, técnicas e culturais derivadas do avance tecnolóxico e artístico da sociedade, de xeito que lle permitan desenvolve-la súa capacidade de autoaprendizaxe co fin de evolucionar adecuadamente na profesión.

2.3. Tarefas máis significativas.

* Realizar matrices xilográficas, calcográficas, litográficas e serigráficas de creación propia.

* Colaborar e asesorar a outros artistas na realización de matrices.

* Estampar obra gráfica doutros artistas.

* Organiza-lo taller e o seu mantemento, coidando da conservación da maquinaria e das ferramentas.

* Realizar peritaxes e recoñecementos de estampas.

* Participar en aspectos formativos relacionados coa obra gráfica.

* Valora-los aspectos técnicos e económicos do traballo.

2.4. Campo profesional.

A actividade primordial comprende a realización, procesamento e estampación de matrices.

O campo de actuación profesional é o da edición de obra gráfica, ilustración do libro e bibliofilia.

Poden desenvolve-la súa actividade naquelas empresas ou talleres pequenos, medianos ou grandes, dedicados a sectores directamente relacionados con esta especialidade, e exercer como profesionais independentes ou asociados en cooperativa.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Analizar e desenvolve-los procesos básicos de gravado e de estampación, mediante diversas técnicas.

* Valorar de forma idónea as necesidades formuladas na proposta de traballo, así como os aspectos plásticos, artísticos, técnicos, organizativos e económicos, para configura-lo proxecto de traballo, seleccionando as especificacións plásticas e técnicas oportunas para conseguir un óptimo resultado no seu traballo profesional.

* Resolve-los problemas artísticos e tecnolóxicos que se presenten durante o proceso de realización e estampación de matrices xilográficas, calcográficas, litográficas e serigráficas, xa sexan de creación propia ou doutros artistas.

* Describi-las especificacións técnicas dos equipos e da maquinaria utilizada, organizando as medidas para o seu mantemento preventivo periódico.

* Analiza-las medidas preventivas necesarias para que os procesos de realización utilizados non incidan negativamente no ambiente.

* Describi-las formas, materiais, técnicas e procesos creativos e artísticos relacionados co gravado e as técnicas de estampación.

* Describi-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade profesional neste campo.

* Analizar, adaptar e, de se-lo caso, xerar documentación artístico-técnica imprescindible na formación e no adestramento de profesionais do sector.

* Seleccionar e valorar criticamente as situacións plásticas, artísticas, técnicas e culturais derivadas do avance tecnolóxico e artístico da sociedade, de forma que lle permitan desenvolve-la súa capacidade de autoaprendizaxe co fin de evolucionar adecuadamente na profesión.

* Realizar peritaxes e recoñecementos de estampas.

3.2. Capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación dos diversos módulos.

3.2.1. Módulo 1: técnicas de expresión: gravado.

Capacidades terminais

* Planificar e relaciona-los valores gráficos da imaxe analizando as técnicas gráficas axeitadas.

* Utiliza-las diferentes técnicas de debuxo e de representación gráfica.

* Elaborar bosquexos e debuxos aptos para desenvolver nos talleres as imaxes realizadas nas distintas técnicas de gravado, litografía e serigrafía.

* Desenvolve-lo sentido artístico e a creatividade.

* Presentar correctamente o traballo.

Contidos

-Análise da estructura da imaxe.

-Valores gráfico-plásticos que interveñen na imaxe.

-A liña como elemento configurador da imaxe: a liña en función das distintas técnicas (augaforte, punta seca, buril, verniz brando, litografía a lapis e litografía á pluma). A liña en positivo-negativo. Técnicas, materiais de debuxo e soportes para a execución de bosquexos.

-A mancha e os valores tonais na imaxe gráfica: textura e valores tonais na elaboración de imaxes, a través das técnicas de augatinta, camafeo, maneira negra, augada, trama fotomecánica, electrografía, etc. Técnicas, materiais de debuxo e soportes para a execución de bosquexos.

-A pincelada como elemento constructor da imaxe. A pincelada como caligrafía e como valor tonal en función das técnicas de gravado, litografía e serigrafía. Técnicas, materiais de debuxo e soportes para a execución de bosquexos.

-A cor na imaxe gráfica. A xustaposición e a superposición na imaxe en cor. Planificación da imaxe en función dos procesos de estampación en cor en gravado calcográfico, xilografía, litografía e serigrafía. Técnicas, soportes e materiais de debuxo para a execución de bosquexos.

-A materia como protagonista na imaxe gráfica. Técnicas aditivas (collagrafía, carborundo, poliéster, etc.). Materiais, técnicas e soportes adecuados para a realización de bosquexos. Análise de obras de artistas gráficos.

Criterios de avaliación

* A capacidade para adapta-los bosquexos á súa posterior realización nos talleres, buscando as distintas alternativas na realización de imaxes e tendo en conta a súa posterior execución nos diferentes talleres de gravado, litografía e serigrafía.

* O coñecemento dos soportes, técnicas e materias adecuadas ás posibilidades expresivas, utilizando correctamente os soportes, as técnicas e os materiais nos seus traballos.

* A capacidade de analizar imaxes gráficas de diversos artistas, tendo en conta os elementos básicos da linguaxe gráfica empregada.

* A capacidade de analizar e valora-los elementos que interveñen na imaxe, analizando os elementos gráficos e plásticos que se utilizan.

* Creatividade e sentido artístico demostrados no seu traballo.

* Presentación correcta do traballo.

3.2.2. Módulo 2: arquitectura e deseño do libro.

Capacidades terminais

* Analiza-la estructura e a composición do libro, descubrindo os elementos principais do deseño editorial, principalmente a tipografía.

* Descubri-los procedementos de maquetación (autoedición) e o producto editorial, como posible soporte da obra gráfica.

* Realizar traballos de maquetación, tendo en conta o fin editorial do producto, co soporte gráfico axeitado.

Contidos

-A composición da imaxe: elementos da imaxe, relacións entre os elementos (estructura e composición).

-A tipografía (caracteres): a forma, partes da letra, espaciado e tamaño.

-A tipografía (familias e estilos): clasificación e función.

-A tipografía. O texto: a palabra, o interliñado, valor tonal, tipometría e lexibilidade.

-A estructura da páxina: formatos, proporcións, escalas, retículas e composición.

-O libro (contidos): cubertas, portadas, índices, páxinas interiores, créditos e ornamentos.

-O libro (obxecto de deseño): formato, imposición e pregos, materiais e producción.

Criterios de avaliación

* Describir graficamente a estructura dunha páxina usando os elementos principais da imaxe e comprobando a captación dos aspectos estructurais da imaxe impresa.

* Recoñece-las partes dunha letra e a qué familia ou estilo se corresponde, distinguindo os aspectos propios dos diferentes caracteres tipográficos.

* Trasladar aspectos estructurais de composición da imaxe a texto impreso, diferenciando a variedade de texturas visuais que se poden producir mediante o texto.

* Relacionar conceptos sintácticos con contidos semánticos primarios e as cualidades da forma co significado, interpretando mediante a tipografía o contido dunha palabra.

* Deseñar módulos, a partir dunha retícula, que permitan diferentes composicións de páxina, diferenciando aspectos estructurais e compositivos, que posibiliten a maquetación de edicións complexas.

3.2.3. Módulo 3: historia do gravado.

Capacidades terminais

* Adquirir información de obras históricas ou períodos gráficos relevantes.

* Analiza-los supostos gráficos distintivos de cada época e os nexos que os unen á arte e á sociedade do momento.

* Valora-las realizacións da plástica contemporánea, atendendo en especial ás tendencias actuais das artes gráficas.

Contidos

-A imaxe gráfica: concepto e significación cultural e histórico-artística. A imaxe gráfica como medio de comunicación; elementos que a definen. Materiais e técnicas. Terminoloxía básica.

-O mundo antigo e a súa cultura gráfica. Transcendencia da escritura e da definición do alfabeto. Formulacións gráficas e ornamentais dos restos da antigüidade. Simboloxía cristiá e as súas repercusións para a ilustración de libros medievais. Cultura eclesial e monacal e imaxe gráfica: caracterización dos grandes centros productores de miniatura. A estética musulmana a través das súas manifestacións gráficas.

-A volta á realidade na plástica gótica. O gravado xilográfico: orixes e aparición en Occidente. As coleccións de estampas. A imprenta: aparición e consecuencias socio-culturais da súa expansión.

-Humanismo e arte. O fenómeno do mecenado e a súa repercusión no mundo do libro. Difusión da imprenta: os grandes mestres impresores. O gravado no Renacemento: xilografía e calcografía. O papel do gravado como difusor de tendencias estéticas e ornamentais. Grandes mestres gravadores do Renacemento e do Manierismo.

-Principios e ideais estéticos do Barroco e do Rococó. A cultura do libro en ámbolos períodos: grandes centros productores. Eclosión da calcografía e ampliación das súas posibilidades técnicas. O gravado dos grandes mestres e a reproducción de obras pictóricas.

-A volta ó clásico no gravado e na ilustración do libro. Consecuencias da Revolución Francesa e da industrialización. A litografía e as súas técnicas; consecuencias da súa difusión para o libro e a prensa. Renovación da xilografía. As artes gráficas ó servicio da sátira política e social. O cartel e a fotografía: as súas achegas á concepción da imaxe gráfica.

-O século XX: as vangardas históricas e a súa contribución á artes gráficas e á estampación. A obra dos grandes mestres. Novidades técnicas e mecánicas ó servicio dos procesos gráficos. Manifestacións do período de entreguerras. A época posterior á Segunda Guerra Mundial. Os actuais medios de comunicación e representatividade da imaxe gráfica nas formulacións estéticas contemporáneas.

Criterios de avaliación

* Capacidade de percepción, razoada e científica das artes do libro, a encadernación e a expresión gráfica en xeral, valorando os elementos que as configuran.

* Comprensión e xuízo crítico ponderado manifestados ante os feitos artísticos e o seu reflexo no mundo da obra gráfica, así como a capacidade de enmarcalos no contexto histórico, socio-cultural e temporal que lles corresponde.

* Sensibilidade demostrada na interpretación das culturas visuais, pasadas e actuais, relacionándoa adecuadamente con outras manifestacións culturais e atendendo de xeito especial ás tendencias artísticas contemporáneas.

* Utilización dunha linguaxe clara e concisa, que integre de forma idónea o vocabulario e a terminoloxía específica da arte da obra gráfica.

3.2.4. Módulo 4: teoría da imaxe.

Capacidades terminais

* Identifica-los conceptos fundamentais sobre percepción e describi-lo lugar que ocupan as diferentes imaxes no mundo da comunicación e os distintos usos que o público fai delas.

* Describir e usar distintos modelos de análise de imaxes.

* Utilizar correctamente a terminoloxía propia do estudio analítico das mensaxes visuais.

* Analiza-los diferentes medios publicitarios valorando, desde actitudes críticas, as mensaxes visuais.

* Elabora-la información necesaria para poder desenvolve-los seus proxectos sobre unha base teórica fundamentada.

* Distinguir unidades básicas do alfabeto visual nas imaxes e nas mensaxes que recibimos.

* Realizar exemplos gráficos que poñan de manifesto a incidencia do contexto na percepción.

* Elaborar imaxes que ilustren a problemática do concepto de contorno na relación figura-fondo.

* Elaborar un arquivo de imaxes seguindo uns parámetros de clasificación determinados.

* Interpretar, a nivel retórico, mensaxes fotográficas e publicitarias, precisando os campos semánticos dos elementos participantes, e identifica-los aspectos coincidentes e das figuras existentes.

Contidos

-O proceso perceptivo.

-Teoría da Gestalt e outros desenvolvementos teóricos complementarios.

-Imaxe: definición e clasificación. Etimoloxía e funcións.

-Comunicación e información: da descodificación á codificación. Semioloxía, semántica, sintáctica e pragmática.

-Semiótica das mensaxes visuais. O signo icónico. Plano da expresión e plano do contido. Denotación e connotación. Importancia do contexto.

-Estudio das mensaxes visuais nos diferentes niveis. Bases para a análise retórica: mecanismos e figuras.

-Persuasión e comunicación.

-Identificación e comprobación das leis de Gestalt en imaxes.

-Análise das mensaxes visuais elementais.

-Distinción de unidades básicas do alfabeto visual nas imaxes e nas mensaxes que recibimos.

-Valoración do proceso perceptivo como fonte xeradora da memoria e o pensamento visual.

-Actitude aberta e positiva cara á experimentación coas bases perceptivas teóricas.

-Interese por comprende-la natureza e as funcións da imaxe como paso previo á aprendizaxe dos procesos de análise.

-Actitude receptiva e crítica á hora de aborda-la metodoloxía de análise procedente de distintos desenvolvementos teóricos.

-Interese pola consecución de solucións innovadoras.

-Precisión, orde e rigor na realización dos proxectos.

Criterios de avaliación

* Interpreta-las imaxes atendendo a modelos de análise.

* Utilizar axeitadamente a terminoloxía propia do módulo nas discusións e debates.

* Amosar unha actitude constructiva, dialogante e de tolerancia cara ás opinións e ós puntos de vista diferentes dos seus, sen descoida-lo rigor das súas argumentacións e dos seus xuízos críticos.

* Aplica-los métodos e procesos de traballo nos diferentes problemas de comunicación visual que se lle poidan presentar.

* Realizar un enfoque globalizador de tódolos aspectos que interveñen en cada exercicio de fotografía que se lle presente.

* Amosa-la información que se lle proporcione respecto ós contidos teóricos e prácticos do proceso visual.

* Elaborar con rigor e precisión informes orais e escritos.

* Amosar unha boa disposición ó traballo en equipo, con consciencia de que as solucións que achegue deben enmarcarse e adaptarse a procesos de traballo complexos e moitas veces pluridisciplinares.

* Amosar curiosidade fronte ós cambios sociais, culturais e estéticos que se producen na sociedade.

* Elaborar e expor opinións críticas argumentadas sobre diversas imaxes.

3.2.5. Módulo 5: técnicas gráficas industriais.

Capacidades terminais

* Identifica-los distintos tipos de orixinais e describi-las súas características para que poidan ser correctamente impresos.

* Distinguir, dentro da fotomecánica, os medios de traballo con que se conta, así como os contextos en que estes se desenvolven.

* Describi-lo funcionamento e utiliza-la cámara reprográfica para levar a cabo traballos de fotorreproducción.

* Diferencia-los procedementos, tanto fotográficos como de gravado, para a preparación da prancha de impresión, co obxecto de aprecia-las súas relacións co medio impresor.

* Identifica-los fundamentos técnicos para levar a cabo unha determinada impresión.

* Relaciona-los procedementos de impresión industrial cos seus correspondentes nas técnicas tradicionais.

* Describi-lo desenvolvemento da impresión actual, así como dos novos materiais e auxiliares na reproducción gráfica.

* Identifica-la serigrafía como técnica de impresión, así como as súas características máis importantes.

* Utiliza-la terminoloxía técnica empregada nun taller de impresión.

* Describir distintos tipos de orixinais para a práctica serigráfica, así como a súa realización práctica.

* Elaborar apuntamentos, bosquexos e probas co obxecto de selecciona-las ideas e as solucións máis axeitadas ó resultado final.

* Describi-lo funcionamento das máquinas para o seu correcto manexo.

* Aplicar correctamente diversas técnicas.

* Aplica-las normas de seguridade e de hixiene dentro dun taller de impresión.

Contidos

-Fotomecánica.

-Introducción xeral: análise do orixinal; do orixinal á película. A fotografía e a reproducción de ilustracións. Diferentes tipos de material fotográfico.

-Tipos de orixinais: de liña, de ton continuo, de tramas mecánicas e de tramas especiais. Uso da trama de inclinación.

-Selección de cor, libro de gamas, sistema pantone, corrección de cor, sistema UCR e cor plana.

-A cámara: tradicionais (horizontal e vertical).

-PMT. Sistema copyproot.

-Fotocomposición: óptico-mecánica. CRT e láser.

-Fotomecánica dixital: procedementos e material necesario. Programas habituais no control do proceso. Fotomecánica Postcript.

-Escáner plano e de tambor. Particularidades. Do punto ó píxel. Programas habituais na corrección e no emprego de imaxes obtidas con escáner dixital.

-Sistemas de pantallas (Croosfield/Scitexchell).

-Procesos de impresión.

-Offset: tipos de pranchas, emulsionado das pranchas, pranchas negativas e positivas, tratamento de pranchas, procesado e retoque, prensa de impresión, follas soltas e papel continuo.

-Sistemas de control das prensas: vantaxes e inconvenientes. Papel e tinta. Área de aplicación.

-Fotogravado industrial: o cilindro, a matriz de fotogravado, preparación da matriz, prensas de impresión en oco, a rotativa, vantaxes e inconvenientes, papel e tinta na impresión en oco. Área de aplicación.

-Serigrafía: orixe, historia e evolución. Área de aplicación.

-Prensas de impresión manuais e automáticas: vantaxes e inconvenientes.

-Métodos de clipsado e emulsións. Insolado de pantallas e revelado. Tintas, soportes e rasquetas. Impresión e secado. Limpeza e recuperación de pantallas.

-Seguridade e hixiene no taller de impresión.

-Iniciación á práctica para reproducción de orixinais.

-Elaboración dun proceso de traballo para chegar á obtención de orixinais.

-Utilización de diferentes procedementos, instrumentos e técnicas que poidan levar á realización de orixinais.

-Gravado de pantallas a partir de distintos procedementos.

-Utilización correcta de tódolos medios existentes no taller.

-Elaboración de proxectos e propostas de deseño que se axusten en cada caso ós medios dispoñibles de impresión.

Criterios de avaliación

* Analizar unha imaxe tendo en conta os seus elementos básicos para a súa posterior fotorreproducción.

* Diferencia-los distintos tipos de orixinais que existen.

* Adecua-los bosquexos e os orixinais ó posterior sistema de reproducción e impresión, así como ó número de tintas dispoñible.

* Correcta realización, limpeza e presentación dos traballos nos prazos previstos.

* Diferencia-las técnicas tradicionais das de impresión industrial, valorando a súa evolución.

* Recoñece-lo tipo de técnica, material e instrumentos axeitados nas diversas técnicas gráficas industriais.

* Obter correctamente orixinais impresos.

3.2.6. Módulo 6: proxectos de gravado.

Capacidades terminais

* Realizar correctamente traballos no campo da edición e bibliofilia.

* Desenvolve-lo sentido artístico e a creatividade.

* Presentar correctamente o traballo.

Contidos

-Estudio do tema proposto.

-Desenvolvemento de bosquexos.

-Deseño e maquetación de texto e imaxes.

-Elaboración e edición en talleres.

Criterios de avaliación

* A correcta selección de imaxes en relación co tema proposto, avaliando os coñecementos e a capacidade para relaciona-los elementos que interveñen na fase de lectura e contido dunha mensaxe.

* A planificación adecuada das técnicas gráficas para empregar en función dos bosquexos realizados, avaliando se a relación entre imaxe e técnica é a adecuada.

* A elaboración de matrices e a súa estampación, comprobando o correcto uso das técnicas de gravado e de estampación.

* A creatividade e o sentido artístico demostrados no traballo.

* A correcta presentación do traballo.

3.2.7. Módulo 7: taller de gravado.

Capacidades terminais

* Realización de matrices xilográficas e calcográficas aplicando as técnicas básicas.

* Analiza-las técnicas de estampado para aplicar en cada proceso segundo o fin productivo e os efectos gráficos que se desexan.

* Utiliza-lo gravado como medio de desenvolvemento creativo e sentido artístico de expresión propia, e como sistema de reproducción de traballos alleos.

Contidos

-O gravado: principios básicos.

-O taller: organización, mantemento e seguridade, materiais, ferramentas e maquinaria.

-O gravado en relevo. Fundamentos básicos. As matrices. A impresión en relevo. A prensa plana. Efectos gráficos.

-O gravado en linóleo. A xilografía a fibra. A xilografía a contra fibra. Materiais e ferramentas. A estampación.

-Técnicas calcográficas directas. Procesos técnicos. Instrumentos e productos. Os mordentes. Os vernices. As resinas. Efectos gráficos. A estampación.

-Cromo xilografía. A estampación en cor. Técnicas. Rexistros.

-A interacción entre xilografía e outras técnicas de estampación: rexistros.

-Calcografía en cor: cunha soa prancha ou con varias pranchas. Métodos de tinguidura con distintas técnicas de estampación.

-Os procesos aditivos. Materiais e técnicas.

-Realización de matrices, combinando diferentes técnicas.

-Experimentación con materiais novos.

Criterios de avaliación

* Os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para utilizar correctamente o taller de gravado, relacionando e manexando os distintos espacios de traballo, ferramentas e máquinas propias do taller e utilizando as medidas de seguridade necesarias para realiza-lo traballo.

* Os coñecementos adquiridos teóricos e prácticos que leva consigo a creación dunha imaxe realizada coas técnicas en relevo; os coñecementos sobre os sistemas de tinguidura e estampación; o correcto uso de maquinaria e das ferramentas para a realización de matrices en relevo sobre distintos materiais; así como a estampación de imaxes con diferentes sistemas de tinguidura e distintas prensas.

* A capacidade de aplica-los coñecementos adquiridos na realización de imaxes realizando matrices calcográficas con técnicas directas e estampando imaxes mediante o uso correcto de ferramentas e útiles, utilizando o coñecemento sobre os procesos estudiados.

* Os coñecementos adquiridos teóricos e prácticos necesarios para realizar unha imaxe mediante a realización de matrices calcográficas con técnicas indirectas.

* A capacidade de preparar ácidos e estampa-la súas imaxes.

* O coñecemento dos diferentes mordentes e as necesarias medias de seguridade para un perfecto uso deles.

* A capacidade de utilizar correctamente vocabulario dos procesos, materiais e ferramentas utilizadas.

* A capacidade para diferencia-los procesos estudiados, recoñecendo o tipo de soporte e instrumentos adecuados ás técnicas estudiadas.

* A capacidade de resolver problemas de estampación de distintas matrices e de diferentes artistas, buscando distintas alternativas de estampación con matrices de materiais e técnicas diferentes e realizar tiradas doutros.

* Os coñecementos necesarios para utiliza-lo gravado como medio de expresión propio, realizando imaxes de libre creación con diferentes matrices e técnicas.

3.2.8. Módulo 8: taller de litografía.

Capacidades terminais

* Analiza-los procesos técnicos, os métodos e os materiais utilizados no procedemento litográfico.

* Utilizar correctamente e con aproveitamento os medios técnicos e a infraestructura do taller como medio esencial na tarefa da litografía.

* Realizar traballos propios do taller de litografía como medio de expresión propio e como sistema de reproducción de traballos alleos.

Contidos

-Datos históricos. Principios básicos do procedemento litográfico. A pedra litográfica, orixe, características e tipos. Graneado e abrasivos.

-Materiais de debuxo propios da litografía.

-Técnicas de debuxo en litografía.

-Proceso de matrices líticas. A preparación litográfica. Materiais e elementos.

-Tinguidura e estampación. Tintas de proceso e de tiraxe. Os roletes, os seus tipos e características.

-A prensa. Principio de funcionamento. Papeis de estampación. Características e tipos.

-Litografía sobre metal. Preparación e proceso de matrices metálicas.

-A litografía en cor. Sistemas de rexistro. O reporte litográfico. O papel autográfico e as súas características.

Criterios de avaliación

* Correcta aprendizaxe dos principios de estampación planográfica, os seus materiais inherentes e as secuencias e modos de proceso técnico específico.

* Coñecemento das diferentes matrices en litografía.

* Uso e posibilidades dos materiais de debuxo.

* Utilización adecuada de prensas (de impresión tanto directa como indirecta -offset-) e de tintas adecuadas á secuencia do proceso, papeis de estampación, etc. Coñecemento dos procedementos e elementos de estampación e da maquinaria propia e elementos necesarios para os procesos.

* Coñecemento da utilidade e coidado dos espacios do taller, maquinaria, material e ferramentas.

* Correcta utilización e aproveitamento dos medios técnicos e da infraestructura do taller como medio esencial na tarefa da litografía.

* Creatividade e sentido artístico demostrados no traballo.

3.2.9. Módulo 9: taller de serigrafía.

Capacidades terminais

* Analiza-los procesos utilizados na estampación serigráfica.

* Manexar correctamente os útiles e a maquinaria máis comúns nun taller de serigrafía.

* Utiliza-la serigrafía como medio de desenvolvemento creativo e artístico de expresión propia, e como sistema de reproducción de traballos alleos.

Contidos

-A confección de pantallas. Procedementos de tensión de tecidos. Os bastidores: materiais máis comúns para a súa elaboración. Elección de tecidos en función do tipo de impresión (tinta-soporte).

-Métodos manuais directos e indirectos de clisado; limitacións e resultados obtibles cos métodos manuais.

-Obtención da cor con tintas serigráficas. Natureza das tintas para serigrafía. Compatibilidade entre tintas serigráficas (brillo, transparencia, disolvente, etc.). A cor mediante adición de tintas.

-Sistemas de rexistro para estampación en papel. Preparación do papel. Guillotinado e encadrado. Papeis barbados. Os rexistros na mesa de estampación.

-Métodos de clisado fotoquímico. Preparación da pantalla. Realización da pantalla. Realización de tipóns e fotolitos. A emulsión fotoserigráfica. A recuperación de pantallas emulsionadas.

-Limpeza e recuperación de pantallas. Productos frecuentes no clisado de pantallas. Sistemas de eliminación destes productos.

Criterios de avaliación

* Seleccionar entre os diferentes tipos de tecido para a confección de pantallas o máis axeitado para distintos supostos de estampación en relación ó soporte e á imaxe.

* Relacionar tecidos de diferentes fiaduras coas características de imprimabilidade dos soportes máis comunmente utilizados, así como a densidade das tintas específicas para cada soporte.

* Comprende-los principios físicoquímicos que rexen nos métodos de clisado manuais.

* Realiza-la valoración adecuada das imaxes ás calidades obtibles de cada método, así como ós valores plásticos alcanzados en cada imaxe, mediante a elaboración de diversos métodos manuais de clisado de imaxes para estampar a unha soa tinta.

* Obter una igualdade de cores e tons entre una selección de papeis de cor e mesturas realizadas utilizando tintas para serigrafía, discernindo qué tinta serigráfica hai que empregar como base dunha cor e aqueloutras que servirán para realiza-la máxima aproximación a un ton xa fixado.

* Realizar imaxes para estampar, utilizando distintas técnicas de clisado manual, cun mínimo de tres tintas, comprobando a asimilación do protocolo indispensable para a estampación de imaxes polícromas.

* Coñece-los métodos de clisado fotoquímico e, partindo de imaxes fotográficas, realizar estampacións polícromas atendendo a un perfecto rexistro da cor e utilizando os procedementos de clisado fotoquímico.

* Executar tanto o clisado da pantalla como a propia estampación.

* Demostrar creatividade e sentido artístico nos traballos.

3.2.10. Módulo 10: formación e orientación laboral.

Capacidades terminais

* Describi-lo marco legal do traballo e interpreta-los dereitos e obrigas que derivan das relacións laborais.

* Establecer no ámbito laboral as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes e determina-las medidas sanitarias básicas e inmediatas en caso de accidente.

* Identifica-las formas e procedementos de inserción, permanencia e promoción na realidade laboral como traballador por conta propia e por conta allea e localiza-las axudas que prestan á inserción laboral as institucións e organismos, autonómicos, estatais e comunitarios.

* Adquiri-las habilidades necesarias para o fomento de iniciativas dirixidas ó traballo en grupo.

* Interpreta-los datos da estructura socioeconómica galega e española para poder coñece-la situación actual e as perspectivas do sector a nivel autonómico, estatal e comunitario.

* Explica-la organización e a xestión dunha pequena e mediana empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.

* Desenvolver actitudes de participación e de colaboración que favorezan o logro dos obxectivos da empresa.

* Describi-los instrumentos xurídicos, empresariais e profesionais propios da especialidade co obxecto de coñece-los dereitos e asumi-las obrigas que derivan do labor profesional.

* Descubri-la realidade sociolaboral, cultural e técnica, desde a experiencia dos profesionais, co obxecto de adquiri-los coñecementos complementarios necesarios para a práctica da profesión.

Contidos

Comúns:

-O marco xurídico das relacións laborais: Estatuto dos traballadores e regulamentación específica do sector.

-Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

-Condicións de traballo e seguridade. Medidas de prevención e de protección. Primeiros auxilios.

-O proceso de procura de emprego. O traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

-Organismos e institucións, autonómicos, estatais e comunitarios que prestan asesoramento á inserción laboral. Axudas económicas á iniciativa empresarial.

-Conceptos básicos de economía e mercadotecnia.

-Iniciativas para o traballo por conta propia: plan de empresa, plan de viabilidade, tipos de empresas e constitución dunha empresa.

-A empresa: o seu funcionamento económico. Obtención de recursos. Organización da producción e comercialización dos seus productos. Interpretación do estado das contas anuais. Obrigas xurídicas e fiscais.

Dereito específico:

-Protección ó deseño: propiedade intelectual. Rexistro da propiedade intelectual. Entidades de xestión. A propiedade industrial. Os modelos e debuxos industriais e artísticos. Rexistro e procedemento rexistral.

-A protección internacional das innovacións.

-Os signos distintivos: marca, rótulo e nome comercial.

-Información sobre normas técnicas. Centros e asociacións de investigación e desenvolvemento da industria.

Criterios de avaliación

* Verifica-la asimilación dos conceptos fundamentais que se inclúen nos bloques temáticos.

* Contrasta-lo interese pola materia.

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Conseguir actitudes axeitadas que faciliten a inserción, permanencia e promoción no mundo do traballo.

* Actitude emprendedora e creativa ante as propias necesidades e aspiracións.

* Verifica-la utilización correcta dunha terminoloxía específica en torno ós contidos económicos, laborais, de mercadotecnia, xurídicos ou empresariais.

* Valoración razoada da normativa específica pola que se rexe este campo profesional.

3.3. Fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres.

Os seus obxectivos serán:

* Asumi-la realidade profesional para completa-la formación académica, realizando un cometido laboral de responsabilidade acorde co seu nivel.

* Tomar contacto co mundo do traballo e co seu sistema de relacións sociais, laborais e técnicas.

* Contrasta-los coñecementos adquiridos no centro educativo coa realidade empresarial e laboral.

* Adquirir coñecementos complementarios útiles para a práctica profesional, tanto sobre a organización e coordinación do traballo propio da especialidade como sobre a situación e relacións do mercado laboral.

* Adquiri-los coñecementos técnicos sobre útiles, ferramentas, aparellos e máquinas que, pola súa especialización, custo ou novidade, non están ó alcance do centro educativo.

* Participar de forma activa nas fases do proceso productivo, baixo a titoría ou a dirección correspondente.

* Aplica-los coñecementos e habilidades adquiridos na formación teórica e práctica do alumno ou alumna nos centros docentes.

* Integrarse no mundo laboral e no sistema técnico-social da empresa.

3.4. Proxecto final.

O proxecto final ten como obxectivo comprobar se o alumno asimilou e ten a capacidade de integrar, sincretizar e aplica-los coñecementos teórico-prácticos e artísticos das ensinanzas cursadas no centro e, en consecuencia, de desempeña-la actividade profesional no campo desta especialidade e nivel cursados.

Nesta familia profesional, o proxecto consistirá na realización dunha ou varias obras/obxectos pertencentes ó campo das artes aplicadas ó libro, xa sexa como peza illada ou xa como conxunto.

O proxecto final terá o seguinte contido:

* Información e comunicación.

-Estudio histórico-artístico, técnica que sitúe o proxecto no contexto do gravado e técnicas de estampación, relacionándoa coas artes plásticas do seu tempo os seus antecedentes estéticos, analizando de forma clara e precisa as técnicas empregadas para a súa confección e destacando as achegas ou peculiaridades que ofrece o traballo.

-Memoria, onde se realizará unha análise dos procesos e fases de realización, así como, polo menos, dos seguintes aspectos:

-Aspectos artísticos e creativos.

-Aspectos técnicos: materiais e procesos necesarios para a realización do producto final.

-Aspectos económicos: cálculo dos custos necesarios para a realización do producto final e rendibilidade e óptimo aproveitamento dos medios.

-Testemuña gráfica das diversas etapas do traballo cos debuxos e bosquexos realizados, así como, de se-lo caso, propostas de catálogo, montaxe e organización dunha exposición dos proxectos.

* Realización: realización da obra á que se refire o proxecto ou da maqueta a escala, en función da entidade do proxecto e das especificacións do tribunal.

-Representación gráfica: planos, detalles, instalacións. Incluirá unha memoria gráfica das diversas etapas da realización.

-Estudio económico: medicións e orzamentos.

-Programación e planificación da obra.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Admisión do alumnado.

4.1.1. Acceso con requisitos académicos.

Para acceder ó ciclo formativo de grao superior ó que se refire este decreto, será preciso estar en posesión do título de bacharelato ou ter superados os estudios equivalentes a aquel título, segundo o establecido nos anexos I e II do Real decreto 986/1991, do 14 de xuño, polo que se aproba o calendario de aplicación do novo sistema educativo, modificado polo Real decreto 173/1998, do 16 de febreiro, e superar unha proba de acceso específica.

4.1.2. Exencións da proba de acceso específica.

Estarán exentos de realiza-la proba de acceso prevista no artigo 6º deste decreto:

* Aqueles aspirantes que tivesen cursado, no bacharelato de artes, a materia de fundamentos do deseño, debuxo artístico I e imaxe.

* Aqueles aspirantes que tivesen superados os estudios experimentais de bacharelato artístico definido na Orde do 21 de outubro de 1986 (BOE do 6 de novembro).

* Aqueles aspirantes que estean en posesión do título de graduado en artes aplicadas en especialidades do ámbito de artes aplicadas ó libro.

* Aqueles aspirantes que estean en posesión do título de técnico superior correspondente a outro ciclo formativo da mesma familia profesional.

4.1.3. Acceso sen requisitos académicos.

Non obstante o disposto nos puntos anteriores, será posible acceder ó ciclo formativo establecido no presente decreto sen estar en posesión do título de bacharelato, sempre que o aspirante teña cumpridos os vinte anos de idade e supere unha proba na que demostre tanto madureza intelectual, acreditada a través do dominio das capacidades lingüísticas, de razoamento e de coñecementos dos fundamentos da etapa educativa anterior relacionados co ensino ó que aspira, como as habilidades específicas necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.

A dita proba será regulada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

4.2. Fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres.

A fase de formación práctica en empresas, estudios ou talleres poderá consistir tanto na realización de prácticas en entidades de titularidade pública ou privada como en traballos profesionais academicamente dirixidos e integrados no currículo, así como aqueles efectuados no marco de programas de intercambio no Estado ou de carácter internacional.

A fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres realizarase unha vez superada a totalidade dos módulos. Excepcionalmente, o equipo docente do ciclo poderá autoriza-la súa realización simultánea coas actividades de recuperación a aqueles alumnos e alumnas que teñan un máximo de dous módulos sen superar, sempre que quede garantido que non se produce mingua na capacidade das tarefas de recuperación.

A avaliación faraa o profesor titor ou profesora titora do centro educativo e nela colaborará a persoa responsable de formación do alumnado designada polo centro de traballo no período de estandía nel. A cualificación final estará expresada en termos de apto ou non apto. Realizaraa o titor do ciclo.

4.3. Proxecto final.

4.3.1. Fases de entrega e avaliación.

* Anteproxecto. Unha vez aprobados os módulos e a fase de formación práctica en empresas, estudios ou talleres, o alumno presentará un proxecto da súa especialidade, dirixido por un profesor titor, ante un tribunal avaliador. O anteproxecto deberá reflectir a grandes trazos o contido do proxecto que se vaia realizar.

* Aceptación. Para a aceptación do anteproxecto, o tribunal avaliador terá en conta os seguintes aspectos:

-O seu interese global, tendo en conta a proposta estética, a orixinalidade da formulación e a súa adecuación á demanda real do producto de que se trate.

-A posibilidade de realización efectiva do proxecto, nos prazos establecidos e tendo en conta os medios e as instalacións co que se conta.

No suposto de non aceptación, o tribunal ofertará unha proposta alternativa ó alumno.

* Inscrición. Formalizarase unha vez aceptado o anteproxecto.

* Elaboración e prazo de execución. O proceso de realización do proxecto desenvolverase dentro do último trimestre do curso no que se superasen os módulos do ciclo formativo.

* Avaliación. O proxecto avaliarase globalmente. Cualificarase entre 0 e 10 puntos. Para a avaliación positiva requírese unha cualificación igual ou superior a cinco.

O número máximo de convocatorias para a superación do proxecto final é de dúas. No suposto de que se dea algunha circunstancia que impedise o normal desenvolvemento do proxecto, a dirección do centro, con carácter excepcional, poderá autorizar unha convocatoria extraordinaria.

Os tribunais considerarán na avaliación dos proxectos a súa capacidade ou interese pedagóxico para servir como pauta ou referencia ós demais alumnos e alumnas. Para tal efecto, incluirán no seu calendario de actividades a organización de exposicións de proxectos finais.

4.3.2. Titoría e tribunal avaliador.

A titoría do proxecto final será a cargo do titor do ciclo formativo ou dun membro do equipo docente. Neste último caso actuará como relator o titor.

A aceptación da proposta do proxecto final e a súa avaliación, así como a determinación específica dos prazos, procesos e pautas para a realización, entrega e avaliación dos proxectos, corresponderá a un tribunal integrado por:

* Presidente: o director do centro ou o profesor en quen delegue.

* Secretario: o do propio centro, que actuará con voz pero sen voto, levantando acta das sesións e encargándose de facilitar e coordina-la utilización dos medios que, se é o caso, o centro pon ó dispor dos alumnos para a realización dos proxectos, no período establecido para a súa execución.

* Vocais: polo menos 3, nomeados polo director, dos que dous membros serán profesores do ciclo. O director poderá designar ademais un profesor de recoñecido prestixio no campo correspondente ó ciclo formativo e alleo ó centro educativo.

4.4. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de gravado e técnicas de estampación.

Os funcionarios do corpo de profesores de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño impartirán con carácter preferente os módulos deste ciclo, de conformidade coa atribución de módulos a especialidades que figura na columna (A) deste anexo.

Non obstante, co fin de lograr un óptimo aproveitamento dos recursos dispoñibles no centro, na súa organización, os devanditos módulos poderán ser impartidos por funcionarios e funcionarias doutras especialidades, de conformidade co que figura na columna (B), sen que iso produza efectos na adscrición de especialidade.

MódulosEspecialidade do profesorado

(A)(B)

1Técnicas deProfesor APD de:Profesor APD de:

expresión de gravado-Procedementos de ilustración do libro-Debuxo artístico
-Litografía-Colorido e procedementos pictóricos

MódulosEspecialidade do profesorado

(A)(B)

-Serigrafía-Composición decorativa, pintura e escultura relixiosa
-Estampación calcográfica-Decoración sobre pastas cerámicas
-Gravado-Análise de forma e cor
-Heliogravado-Procedementos pictóricos
-Técnicas de colorido aplicado á cerámica
-Debuxo publicitario
-Composición ornamental
-Estilización artística e colorido
-Decoración elemental cerámica
-Técnicas de deseño gráfico
-Técnicas gráficas industriais

2TécnicasMestre de taller APD de:Mestre de taller APD de:

gráficas-Fotogravado-Serigrafía
industriais-Fotogravado e tipografía-Calcografía e xilografía
-Fotomecánica-Gravado
-Tipografía-Heliogravado
-Reproducción e impresión-Estampación calcográfica
-Litografía
-Litografía e fotogravado

3Historia doProfesor APD de:Profesor APD de:

gravado-Cultura xeral cerámica-Técnicas de deseño gráfico
-Historia da arte-Técnicas gráficas industriais
-Historia da arte e da cerámica-Técnicas audiovisuais
-Procedementos de ilustración do libro
-Litografía
-Serigrafía
-Estampación calcográfica
-Gravado
-Heliogravado

4Taller deMestre taller APD de:Mestre taller APD de:

serigrafía-Serigrafía-Litografía
-Litografía e fotogravado
-Calcografía e xilografía
-Gravado
-Heliogravado
-Estampación calcográfica

5Taller deMestre de taller APD de:Mestre de taller APD de:

litografía-Litografía-Serigrafía
-Litografía e fotogravado-Calcografía e xilografía
-Gravado
-Heliogravado
-Estampación calcográfica

6Taller deMestre de taller APD de:Mestre taller APD de:

gravado-Calcografía e xilografía-Litografía
-Gravado-Litografía e fotogravado
-Heliogravado-Serigrafía
-Estampación calcográfica

7Proxectos deProfesor APD de:Profesor APD de:

gravado-Procedementos de ilustración do libro-Debuxo artístico
-Litografía-Colorido e procedementos pictóricos
-Serigrafía-Composición decorativa, pintura e escultura relixiosa
-Estampación calcográfica-Decoración sobre pastas cerámicas
-Gravado-Análise de forma e cor
-Heliogravado-Procedementos pictóricos
-Técnicas de colorido aplicado á cerámica
-Debuxo publicitario
-Composición ornamental
-Estilización artística e colorido
-Decoración elemental cerámica

8Formación eProfesor APD de:

orientación-Dereito usual
laboral-Organización industrial

9Teoría da imaxeProfesor APD de:Profesor APD de:

-Técnicas audiovisuais-Cultura xeral cerámica
-Fotografía artística-Historia da arte
-Teoría e práctica da fotografía-Historia da arte e da cerámica
-Fotografía-Teoría e práctica do deseño
-Técnicas de deseño gráfico-Proxectos de arte decorativa
-Técnicas gráficas industriais

MódulosEspecialidade do profesorado

(A)(B)

10Arquitectura eProfesor APD de:

deseño do libro-Técnicas de deseño gráfico
-Técnicas gráficas industriais

4.5. Espacios e instalacións.

As condicións de espacio e instalacións que deben reuni-los centros educativos son as que fixa o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas artísticas.

Para os efectos do disposto no artigo 40.1º, parágrafos k), l), m), do real decreto anteriormente citado, os módulos do presente ciclo formativo clasifícanse nos seguintes puntos:

* Teóricos.

-Historia do gravado.

-Teoría da imaxe.

-Formación e orientación laboral.

* Teórico-prácticos.

-Técnicas de expresión: gravado.

-Arquitectura e deseño do libro.

-Proxectos de gravado.

* Talleres específicos.

-Técnicas gráficas industriais.

-Taller de gravado.

-Taller de litografía.

Taller de serigrafía.

Espacio formativoSuperficieGrao de utilización

Aula teórica45 m20%

Aula teórico-práctica80 m30%

Taller de técnicas gráficas industriais60 m 5%

Taller de gravado60 m20%

Taller de litografía60 m15%

Taller de serigrafía60 m10%

4.6. Relación numérica profesor/alumno.

De conformidade co establecido no artigo 44 do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas artísticas, manterase unha relación numérica entre profesor e alumno non superior a 1/15 nos módulos seguintes: técnicas gráficas industriais, taller de gravado, taller de litografía e taller de serigrafía. Ó resto dos módulos aplicaráselle a ratio máxima 1/30.

En función da dispoñibilidade de cada centro e sempre que sexa posible, tenderase a aplica-la relación 1/15 nos módulos impartidos nas aulas teórico-prácticas.

4.7. Correspondencias.

Poderán ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral os seguintes módulos:

* Técnicas gráficas industriais.

* Taller de serigrafía.

* Taller de litografía.

* Taller de gravado.

* Formación e orientación laboral.

Así mesmo, poderá quedar total ou parcialmente exento da fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres, quen acredite experiencia laboral no campo profesional directamente relacionado con este ciclo formativo.

4.8. Distribución horaria.

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

65Historia do gravado

65Teoría da imaxe

225Técnicas de expresión: gravado

190Proxectos de gravado

350Taller de gravado

65Horas de libre disposición

960Total

4º, 5º e 6º trimestre

110Arquitectura e deseño do libro

110Técnicas gráficas industriais

200Taller de litografía

220Taller de serigrafía

65Formación e orientación laboral

705Total

180Proxecto final

105Formación práctica en empresas, estudios ou talleres

285Total

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO