Iniciado expediente de expropiación forzosa para a ocupación dos bens e dereitos necesarios para a
realización das obras de construcción do novo instituto de educación secundaria de Cariño, con base no convenio subscrito entre a Secretaría de Estado de Augas e Costas do Ministerio de Medio Ambiente, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Cariño, por razóns de interese público, faise pública a relación de propietarios e bens afectados para que dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, poidan os interesados formular observacións e reclamacións sobre a procedencia da ocupación e, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.
Só para os efectos da corrección de erros na descrición material e legal dos bens, calquera persoa natural ou xurídica poderá comparecer para alegar e ofrecer cantos antecedentes ou referencias sirvan de fundamento para as rectificacións que procedan.
En Cariño o 13 de febreiro de 2002.
Fernando Tallón Cabana
Alcalde
Relación de bens afectados
Ref. catastral Paraxe Propietario m Uso actual Euros/m euros
Superficie
Importe
Pol. 5
Non existen edificacións sobre a parcela.
Pol. 5
Non existen edificacións sobre a parcela.
Pol. 5
Non existen edificacións sobre a parcela.
Parcela 396
Barreiros Carmen Armada Rubido 897 Cultivo agrícola de temporada.
6,768154 6.071,03
Parcela 410
Careixoal Herdrs. de Ricardo Fraguela Rubido. Hoxe propiedade de José Manuel Rubido Guerreiro e Isabel Garrote Díaz 555 Cultivo agrícola de temporada.
6,768154 3.756,33
Parcela 423
Lagoa José Manuel Ramonde Maroño 1.199 Cultivo agrícola de temporada.
6,768154 8.115,02
Suma 2.651 Suma euros 17.942,38
Suma pesetas 2.985.360

