Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2002 Páx. 3.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución recaída no expediente sancionador incoado por infracción da normativa vixente en materia de xogo, devolta polo servicio de correos por resultar descoñecido o destinatario ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar. (Expediente PO-42/01).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, á que, intentada a notificación, esta non puido practicarse, a proposta de resolución recaída no expediente sancionador, por infración en materia de xogo, PO-42/01.

Nome: José Manuel Pérez Casas.

DNI/NIF: 35316012H.

Nº expediente: PO-42/01.

Precepto infrinxido: 29.1º Lei 14/1985, de xogo de Galicia.

Último domicilio: Pontenovo, 1, 36001 Pontevedra.

Proposta de sanción: 250.000 pesetas, 1.502,53 euros.

O interesado disporá dun prazo de 8 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Interior, Sección de Xogo, Asociacións e Espectáculos desta delegación provincial, e para achegar cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 18 de febreiro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE