Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 4.001

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/1-2, 5783 A.T.)

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. Soutelo.

Situación: Carballedo.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude de 0,073 km con orixe no P-5 da L.M.T. Luíntra conductor tipo LA-56 e final no C.T. Soutelo. C.T. intemperie con potencia de 50 kVA e relación de transformación de 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 6 de febreiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo