Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 4.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico no río Cerves, Central Hidroeléctrica das Mestas en Melón (Ourense), promovido por Aprenar, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte (20) días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude:

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico no río Cerves. Central Hidroeléctrica das Mestas.

2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Ourense.

-Concello de Melón.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2002.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental