Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 4.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (2008/2000).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 7 de febreiro de 2002 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do polígono 2 do SU 21 do PXOU de Ourense, por instancia de Miguel Ángel Pérez Moreiras, en repre

sentación da xunta de compensación do citado ámbito de xestión urbanística, constituíndose garantía polo importe de 748.260,07 euros, en calquera das formas legalmente admitidas, co obxecto de asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas de edificación.

Somete-lo expediente a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio que se publicará no DOG, BOP e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 14 de febreiro de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde