Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 4.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, na súa sesión do 25-1-2001, o estudio de detalle promovido por Fernando Sampil Sánchez, en representación de Promociones Bigamobe, S.L., segundo o proxecto redactado polo arquitecto Fernando Sampil Sánchez, visado polo COAG con datas do 7-5-2001 e 1-6-2001, que ten por finalidade axustar aliñacións, rasantes e volumes na parcela sita na rúa Padre Crespo, no contorno inmediato do viaducto, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; queda o expediente á disposición de calquera persoa física ou xurídica que queira examinalo para deducir alegacións.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos/as propietarios/as e demais interesados/as directamente afectados/as que, por resultaren descoñecidos/as ou por se ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados/as persoalmente.

Redondela, 14 de febreiro de 2002.

Manuel Javier Núñez Salgado

Alcalde accidental