Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 01 de abril de 2002 Páx. 4.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 8 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude do permiso de investigación 6021.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que Outokumpu Mining Oy, con domicilio en Agustín de Foxá, 25-6º B, 28036 Madrid, presentou nesta delegación provincial o día 31 de xullo de 2001 instancia-solicitude do permiso de investigación Vilaboa, de 175 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, que se sitúa nos concellos de Castro de Rei, Castroverde, Cospeito e Pol da provincia de Lugo, á que lle correspondeu o número 6021 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

1-7º 27' 00''43º 14' 00''

2-7º 26' 20''43º 14' 00''

3-7º 26' 20''43º 13' 40''

4-7º 26' 40''43º 13' 40''

5-7º 26' 40''43º 13' 20''

6-7º 26' 00''43º 13' 20''

7-7º 26' 00''43º 09' 20''

8-7º 25' 20''43º 09' 20''

9-7º 25' 20''43º 08' 00''

10-7º 24' 20''43º 08' 00''

11-7º 24' 20''43º 06' 00''

12-7º 22' 00''43º 06' 00''

13-7º 22' 00''43º 04' 00''

14-7º 24' 20''43º 04' 00''

15-7º 24' 20''43º 04' 40''

16-7º 25' 00''43º 04' 40''

17-7º 25' 00''43º 05' 00''

18-7º 27' 00''43º 05' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público a fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 8 de xaneiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo