Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 01 de abril de 2002 Páx. 4.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da variación da cifra do capital social mínimo da entidade Confecciones Cartomil, S. Coop. Galega.

O artigo 5.2º da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, establece a obrigatoriedade da publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de variación da cifra do capital social mínimo adoptado polas cooperativas. Na súa virtude,

RESOLVO:

Dispoñe-la publicación, no Diario Oficial de Galicia, da diminución da cifra do capital social mínimo da entidade Confecciones Cartomil, S. Coop. Galega, acordada por unanimidade na asemblea xeral que tivo lugar o día 28-5-2001.

Na devandita asemblea acordouse fixa-lo capital social mínimo en 1.700.000 pesetas (10.217,2 euros), antes establecido en 2.600.000 pesetas (15.626,31 euros), quedando deste xeito reducido o seu importe.

A Coruña, 23 de novembro de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña