Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 01 de abril de 2002 Páx.

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2002 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación de asistencia técnica para impartición de seminarios de difusión da utilización das novas tecnoloxías da información e servicios de posta á disposición, instalación e conexión a redes públicas de equipamento informático (C.P. 2/2002).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación de asistencia técnica para impartición de seminarios de difusión da utilización das novas tecnoloxías da información e servicios de posta á disposición, instalación e conexión a redes públicas de equipamento informático (C.P. 2/2002).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n 15703 Santiago de Compostela, Teléfono 981 54 16 93, fax 981 54 10 92.

b) Número de expediente: C.P. nº 2/2002.

2. Obxecto do contrato: asistencia técnica para impartición de seminarios de difusión da utilización das novas tecnoloxías da información, co seguinte desagregamento en lotes:

Lote 1. Asistencia técnica para impartición dun máximo de 46 seminarios de difusión da utilización empresarial de novas tecnoloxías da información e as comunicacións.

Lote 2. Servicios de posta á disposición, instalación e conexión a redes públicas de equipamento informático necesario para a impartición dos seminarios obxecto do lote 1.

Prazo de execución: as datas definitivas de impartición de cada seminario serán establecidas polo Igape. A vixencia da contratación establécese nun máximo de 18 meses desde o inicio da execución, que determinará o Igape nun máximo de tres meses desde a sinatura do contrato. O contrato poderá ser prorrogado dentro dos límites vixentes na lexislación aplicable.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 81.236 A, IVE incluído (oitenta e un mil douscentos trinta e seis euros), co seguinte desagregamento por lotes:

Lote 1. 31.280 A, IVE incluído (trinta e un mil douscentos oitenta euros), orzamentándose nun máximo de 680 A, IVE incluído (seiscentos oitenta euros), o custo de cada seminario.

Lote 2. 49.956 A, IVE incluído (corenta e nove mil novecentos cincuenta e seis euros), orzamentándose nun máximo de 1.086 A, IVE incluído (mil oitenta e seis euros) os servicios necesarios para cada un dos seminarios.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación do lote/s ós que se concorra.

6. Clasificación: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: admítense variantes sobre:

Lote 1. Programas docentes, metodoloxía didáctica, duración dos programas e melloras técnicas propostas.

Lote 2. Equipamento proposto, estructura de acceso a Internet proposta e melloras técnicas propostas.

10. Apertura das ofertas: en acto público ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 12 horas do décimo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas, procederase á apertura das ofertas económicas, na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica