Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 01 de abril de 2002 Páx. 4.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1498/2001).

Anúnciase que o Pleno do Concello de Ourense, en sesión extraordinaria do día 14 de marzo de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Pleno do Concello de Ourense, por 15 votos a favor, 6 en contra e 4 abstencións, acordou:

1. Aprobar inicialmente, de oficio, o documento da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal, presentado pola empresa GOC, S.A. con rexistro de entrada nº 30678, do 22 de novembro de 2001.

2. Somete-lo expediente ó trámite de información pública por un prazo dun mes, mediante anuncio que se publicara no DOG, no BOP e nun dos xornais de maior circulación na provincia.

3. Suspende-la concesión de licencias, de conformidade co contido da proposta formulada polos servicios municipais da área de Urbanismo do 20 de febreiro de 2002 (coa excepción do solo rústico, no que non se procederá á dita suspensión), incluíndose esta como anexo a este acordo nas correspondentes publicacións.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 15 de marzo de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

ANEXO

Suspensión de licencias

Solo urbano.

Sector urbano 1: zonas 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 9, 10, 11 e 12.

Sector urbano 2: zonas 1, 2, 3, 5, 6, 7 (no ámbito que coincida coa AR 07b O, delimitada no documento de aprobación inicial (en diante DAI), 8, 9 e 12.

Sector urbano 3: zonas 15, 24 e bloques actualmente existentes entre a r/ Castro Canseco-estrada nacional 525 e r/ Ervedelo, sen estaren incluídos en zona ningunha.

Sector urbano 4: suspendidas as licencias en todo o seu ámbito.

Sector urbano 5: zonas 6, 11 e 14.

Sector urbano 6: zonas 4, 6 (no ámbito que coincida coa APE 09 O delimitada no DAI) e 7 (nas bandas de edificación sitas entre o río Babaña, r/ Progreso e r/ Marcelo Macías, que fan esquina a ámbalas rúas).

Sector urbano 7: zonas 2 e 4.

Sector urbano 8: ningunha.

Sector urbano 9: zonas 1, 2, 3, 4, 5, 9 e 10.

Sector urbano 10: zonas 3, 7 e 10.

Sector urbano 11: zona 13.

Sector urbano 12: zonas 1, 3 (no ámbito coincidente coa AR 27 E delimitada no DAI) e 7.

Sector urbano 13: ningunha.

Sector urbano 14: zonas 2, 3, 6, 8, 9, 10, 11, 12, 14 e 15.

Sector urbano 15: zonas 1, 4, 5 (nas vivendas e edificios con fronte á r/ Santa Eufemia) e 9.

Sector urbano 16: zona 4.

Sector urbano 17: zonas 4, 5 (no ámbito que coincida coa AR 18 E delimitada no DAI), 6 (no ámbito que estea regulado pola ordenanza U 9 do vixente plan), 7, 8, 9, 10, 12, 13, 14 e 16 (no ámbito que estea regulado pola ordenanza U 10 do vixente plan).

Sector urbano 18: zona 2.

Sector urbano 19: zona 15, último edificio da banda de edificación con fronte á r/ Xosé Ramón Fernández Oxea Ben-Cho-Shey, lindante co PEPRI do núcleo histórico.

Secto urbano 20: zonas 4 (no ámbito coincidente co AR 19 E delimitada no DAI), 5, 6 (rueiros sitos entre as rúas A Eirexa, rúa da Inmaculada e rúa Bispo Blanco Nájera, así como edificios fronte ós citados, nesta última rúa), 8, 9, 10 (no ámbito coincidente co AR 21 E delimitada no DAI) e 12.

Sector urbano 21: zona 19 (no ámbito coincidente co APE 4 E delimitado no DAI).

Sector urbano 22: zonas 2 (no ámbito coincidente co AR 11 E delimitado no DAI), 3 (exclusivamente en relación co edificio de dúas alturas con fronte ó camiño do Fonte do Monte), zona sen número sita entre as 5 e 6 (rúa do Bierzo), 7, 8 (no ámbito coincidente co AR 08 E delimitado no DAI e tamén no ámbito que estea regulado pola ordenanza U 9 do vixente plan).

Sector urbano 23: zonas 2 (no ámbito que estea regulado polas ordenanzas U 8 e U 9 do vixente plan), 5 e 6.

Sector urbano 24: zonas 2, 6 e 10 (no ámbito que estea regulado pola ordenanza U 5 do vixente plan).

Sector urbano 25: zonas 2, 6 e 8.

Sector urbano 26: zonas 1 e 4.

Sector urbano 27: ningunha.

Sector urbano 28: zona 1 (exclusivamente nas zonas grafadas no DAI como SU 300 e SU 500, fronte á avenida de Pablo Iglesias).

Sector urbano 29: zona 7.

Sector urbano 31: zonas 1, 3, 4 e 6.

Sector urbano 32: zona 5.

Sector urbano 33: zona 1.

Sector urbano 35: zona 2.

Sector urbano 36: na súa totalidade.

Sector urbano 37: zonas 2 (no ámbito coincidente coas AR 25 N e AR 26 N delimitadas no DAI), 4, 7, 8, 9 (no ámbito coincidente coa AR 26 N delimitada no DAI) e 13.

Sector urbano 38: zonas 5, 6, 7, 8, 9, 11 e 12.

Sector urbano 39: zonas 1, 2 (no ámbito coincidente coa AR 4 N delimitada no DAI), 3, 4, 5, 6, 7, 9, 10 e 11.

Sector urbano 40: todo o ámbito queda suspendido.

Sector urbano 41: zonas 1, 3 e 16.

Sector urbano 42: zonas 1, 2 (no ámbito coincidente coa AR 10 N delimitada no DAI), 3, 4, 5, 7 e 8.

Sector urbano 43: zonas 1, 4, 5, 6, 7, 8 e 9.

Sector urbano 44: zonas 1, 2, 3, 4, 5, 8, 9 e 15 (no ámbito coincidente coa APE 4 N delimitada no DAI).

Sector urbano 45: suspendido en todo o seu ámbito.

Sector urbano 46: zonas 3, 4, 5, 6 e 12.

Sector urbano 47: suspendido en todo o seu ámbito.

Sector urbano 48: zonas 4, 5, e 6.

Sector urbano 49: suspendido en todo o seu ámbito.

Sector urbano 50: zonas 2, 3, 4 e 5.

Sector urbano 51: suspendido en todo o seu ámbito.

Solo urbano de núcleo.

Queda igualmente suspendido o outorgamento de licencias en tódolos núcleos rurais delimitados no vixente PXOU, tanto os rurais tradicionais, urbanos existentes e rurais de recente formación.

Exceptúase expresamente o solo urbano que constitúen as urbanizacións Pazo de Ramirás I e Pazo de Ramirás II.

Solo urbanizable programado.

Suspéndese o outorgamento de licencias en todo o solo clasificado como tal no PXOU vixente, coa excepción dos sectores A 3 e A 6, en desenvolvemento.

Solo urbanizable non programado.

Suspéndese o outorgamento de licencias en todo o solo clasificado como tal no PXOU vixente, coa excepción do ámbito incluído no Plan parcial de Rabo de Galo, actualmente en tramitación.

Edificios e elementos catalogados.

Sexa cal sexa a clase de solo na que se encontren, suspéndese o outorgamento de licencias en tódolos elementos protexidos polo DAI.

Plans especiais de reforma interior.

En todos eles, con excepción do PEPRI no núcleo histórico, suspéndese o outorgamento de licencias, sexa cal sexa a clase do solo no que se encontren.

Ordenanzas 6 a 11, ambas inclusive (vivendas unifamiliares).

Suspéndese todo o solo que estea suxeito no PXOU vixente a estas ordenanzas.

Ordenanza 13 urbano industrial.

Suspéndese todo o solo que estea suxeito no PXOU vixente a esta ordenanza.

Ordenanza 14 industiral en polígono.

Suspéndense exclusivamente as seguintes zonas:

-Zona industrial de Outariz-As Carballas.

-Zona industrial de Bemposta (antiga CN-525).