Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 02 de abril de 2002 Páx. 4.152

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2002 pola que se fan públicos os importes dos créditos reservados para o financiamento dos diferentes programas de axudas que se concederán con cargo á prórroga dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica do ano 2002.

As bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica publicadas mediante resolucións da directora xeral do IGAPE do 13 de xullo de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 142, do 23 de xullo), para os programas de proxectos empresariais de investimento, reestructuración de empresas en crise, continuidade e mellora competitiva da peme galega, emprendedores e especia

lización laboral prevén a publicación anual da reserva de crédito dispoñible para cada exercicio orzamentario, unha vez aprobados os orzamentos do IGAPE.

Ante a imposibilidade de ter aprobada antes do 1 de xaneiro a Lei de orzamentos xerais do ano 2002, o Decreto 401/2001, do 28 de decembro, e a orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de decembro de 2001 que o desenvolve, dispuxeron a prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2001 ata o momento da aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia dos orzamentos para o 2002.

Da aplicación da citada normativa ós orzamentos do IGAPE, segundo o disposto no artigo 4 do Decreto

401/2001, resultan os créditos que para cada programa de axudas se reflicten na seguinte resolución.

Polo que antecede,

RESOLVO:

Facer públicas, de acordo cos importes que se relacionan no anexo, as reservas de crédito que para cada programa de axuda se derivan da prórroga dos

orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, do ano 2001, para o ano 2002, ata a aprobación e publicación oficial dos orzamentos para o exercicio 2002.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

ANEXO

Importes bases orzamento prorrogado

Partida

orzamentaria

FinalidadeImporte orz.

prorrogado euros

1-1-/10-1-2002Programa de investimento. Creación de empresas. Servicios60.101,21
2-1-/10-1-2001Programa de investimento. Creación de empresas. Subvención a fondo perdido540.910,00
2-1-/10-2-2001Programa de investimento. Ampliación e modernización de empresas. Subvención a fondo perdido300.507,00

1-2-/11-1-2002Programa de mellora competitiva da PEME. Proxectos baseados nun diagnóstico. Servicios240.405,00
1-2-/11-4-2001Programa de mellora competitiva da PEME. Promoción da mellora competitiva. Subvención a fondo perdido84.141,69
1-2-/11-4-2002Programa de mellora competitiva da PEME. Promoción da mellora competitiva. Servicios360.606,99
2-2-/11-1-2001Programa de mellora competitiva da PEME. Proxectos baseados nun diagnóstico. Subvención a fondo perdido360.603,00
2-2-/11-2-2001Programa de mellora competitiva da PEME. Actuacións específicas. Subvención a fondo perdido210.359,00
2-2-/11-3-2001Programa de mellora competitiva da PEME. Proxectos Plan PEME. Subvención a fondo perdido9.531.308,00

1-2-/12-3-2001Programa de emprendedores. Promoción da cultura emprendedora. Subvención a fondo perdido84.141,91
1-2-/12-4-2001Programa de emprendedores. Centros de iniciativa empresarial. Subvención a fondo perdido1.803.037,00
2-2-/12-1-2001Programa de emprendedores. Proxectos promovidos por novos emprendedores. Subvención a fondo perdido300.506,05
2-2-/12-1-2003Programa de emprendedores. Proxectos promovidos por novos emprendedores. Préstamos61.603,74
2-2-/12-2-2001Programa de emprendedores. Novas iniciativas empresariais. Subvención a fondo perdido480.809,68
2-2-/12-2-2003Programa de emprendedores. Novas iniciativas empresariais. Préstamos120.202,42

2-1-/13-2-2001Programa de empresas en crise. Axudas de reestructuración. Subvención a fondo perdido120.202,00

1-2-/14-1-2001Programa de especialización laboral. Promoción de mercados laborais especializados. Subvención a fondo perdido150.253,00