Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, certifica que nos autos de xuízo de desafiuzamento 493/2001, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:
Sentencia:
En nome de El-Rei.
En Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2002.
Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade, dictou esta resolución no procedemento civil verbal de desafiuzamento e reclamación de rendas seguido ante este xulgado co número 493/2001, no que actuaron como demandante, Claudina Rozas Sobrino, representada polo procurador dos tribunais Domingo Núñez Blanco e asistida polo letrado Santiago Alonso de la Peña, como denunciado Roque Hernández Jiménez, declarado en rebeldía procesual.
Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Claudina Rozas Sobrino, representada polo procurador dos tribunais Domingo Núñez Blanco, e asistida do letrado Santiago Alonso de la Peña e, como demandado, Roque Hernández Jiménez, declarado en rebeldía procesual, decretando o desafiuzamento do inmoble a que se refire a demanda deste procedemento, apercibíndoo de lanzamento se non o desaloxa no prazo legal, e a lle pagar á demandante a cantidade de 360.000 pesetas, con imposición das custas procesuais á parte demandada.
Contra esta sentencia os interesados poderán interpor recurso de apelación no prazo de 5 días, na forma e cos requisitos establecidos nos artigos 455 e seguintes da L.A. civil, e moi especialmente o contido no artigo 449.
Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.
E para que conste e lle sirva de notificación o demandante Roque Hernández Jiménez, actualmente en paradoiro descoñecido e con último domicilio en corredoira das Fraguas 82-1º, Santiago de Compostela, expido, selo e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o 14 de febreiro de 2002.
Rubricado

