Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 02 de abril de 2002 Páx. 4.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/283).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. a C.T. Uxes. Modificación I.

Situación: Arteixo e Culleredo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV baixo tubo e con conductor R.H.Z. 1 a 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 3.720 m de lonxitude, con orixe no apoio que se vai intercalar entre os apoios 34 e 35 da liña GRN 704 ó seu paso por Uxes entrando e saíndo do C.T. Uxes, que se vai instalar, e que discorrendo polos concellos de Arteixo e Culleredo pola estrada CP 0510 finaliza no C.T. Orro, existente. Centro de transformación tipo caseta prefabricada de formigón en Uxes, de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 131 m de lonxitude que se conectará á rede existente. Concellos de Arteixo e Culleredo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 15 de febreiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña