Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 02 de abril de 2002 Páx. 4.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de permiso de investigación San Salvador, nos concellos de Agolada e Vila de Cruces, da provincia de Pontevedra, e Santiso, da provincia da Coruña, por parte de Mª Luisa Rodríguez Brea e dous máis.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que Mª Luisa Rodríguez Brea e dous máis, con domicilio en r/ Eduardo Pondal, 10, Santiago de Compostela, presentou nesta delegación provincial, o día 2-8-2001, instancia-solicitude de permiso de investigación San Salvador, de 69 cuadrículas mineiras para recursos de serpentinas, dunitas e outros, da sección C, que se sitúa nos termos municipais de Agolada e Vila de Cruces, da provincia de Pontevedra, e Santiso, da provincia da Coruña, e ó que

lle correspondeu o nº 2973 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 08' 20''42º 50' 40''

Vértice 28º 06' 40''42º 50' 40''

Vértice 38º 06' 40''42º 51' 00''

Vértice 48º 05' 40''42º 51' 00''

Vértice 58º 05' 40''42º 51' 20''

Vértice 68º 04' 00''42º 51' 20''

Vértice 78º 04' 00''42º 49' 00''

Vértice 88º 05' 20''42º 49' 00''

Vértice 98º 05' 20''42º 50' 00''

Vértice 108º 06' 20''42º 50' 00''

Vértice 118º 06' 20''42º 49' 00''

Vértice 128º 08' 20''42º 49' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación, no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 21 de febreiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS