Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.408

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 110/2002, do 5 de abril, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da Consellería de Sanidade, durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Con motivo da viaxe do conselleiro de Sanidade, a Hispanoamérica é necesario prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.

Durante a ausencia do conselleiro de Sanidade, con motivo da súa viaxe a Hispanoamérica, encárgaselle o despacho dos asuntos da Consellería de Sanidade, desde o día 7 ó 11 de abril, ámbolos dous inclusive, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, cinco de abril de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente