Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 8 de marzo de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona liquidación complementaria pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Navarro Díaz, Pedro).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase liquidación complementaria pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e se empraza o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Oficina Liquidadora de Distrito Hipotecario de Cambados en aplicación do artigo 120 e seguintes e concordantes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres, ante a oficina sinalada no parágrafo anterior, con enderezo:

-R/ Alcalde Rei Daviña, 3-1º B e C, Vilagarcía de Arousa.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 8 de marzo de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Navarro Díaz, Pedro

DNI: 31397090-C

Avda. da Ponte, 117-2 B

A Illa de Arousa

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 3088/1999

Liq. 600903123165