Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/414-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Porto Deportivo-T.I.R. 1.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 380 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. situada entre os CC.TT. Conde Vallellano e aterramentos, ata o C.T. que se proxecta no Porto Deportivo-T.I.R. 1, no concello de Vilagarcía de Arousa, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta reso

lución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 19 de febreiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra