Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.489

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO.

Convocatoria de concurso: concesión do servicio do matadoiro de Verín e da prestación do servicio de carrexo, transporte e distribución de carnes desde o matadoiro de Verín ata os establecementos dos industriais carniceiros.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría. c) Número de expediente: 46/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adxudicación da xestión mediante concesión do servicio municipal do matadoiro de Verín e do servicio de carrexo, transporte e distribución de carnes desde o matadoiro de Verín ata os establecementos dos industriais carniceiros.

b) Lugar: Concello de Verín.

c) Prazo da concesión: vintecinco anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Canon anual mínimo da concesión: será proposto polos licitadores, segundo o prego de cláusulas.

5. Garantías.

Provisional: 1.200 euros.

Definitiva: 90.000 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verín. b) Domicilio: praza do concello. c) Localidade e código postal: Verín

32600. d) Teléfono: 988 41 03 34. e) Fax: 988 41 19 00. f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo quinto día natural (15 días naturais), que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou con festivo, prorrogarase o prazo ata o seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural (quince días naturais), que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: (mesmos datos punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.

b) Aprobación expediente de contratación: pleno 21-3-2002.

c) Consulta documentación: secretaría municipal.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 21 de marzo de 2002.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde