Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.490

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2002, da Unidade de Recadación Executiva de Bilbao, pola que se cita a comparecer a determinadas persoas.

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria,

segundo a redacción dada polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 31 de decembro, non sendo posible realiza-las notificacións nos procedementos que a continuación se indican por causas non imputables á Administración, téndose intentado por dúas veces, dispoño:

Cítanse os suxeitos pasivos obrigados tributarios ou representantes segundo os casos, que se indican no anexo, para que aparezan no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, na Dependencia de Recadación da AEAT desa comunidade, para o efecto de ser practicadas as notificacións pendentes nos procedementos tramitados polos órganos que seguidamente se relacionan, advertíndose que, transcorrido o dito prazo sen que comparecese, se entenderá practicada a notificación para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Bilbao, 31 de xaneiro de 2002.

Mercedes Fernández Zatón

Xefa da URE

ANEXO

Datos contribuínte: MF Buján Santos Ramón.

DNI: 14232898.

Clave liquidación: C11000005401458041.

Procedemento: constrinximento.

Órgano responsable da tramitación: URE de Vizcaya.

Datos contribuínte: MF Buján Santos Ramón.

DNI: 14232898.

Clave liquidación: C11000005401458151.

Procedemento: constrinximento.

Órgano responsable da tramitación: URE de Vizcaya.