Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.491

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CENTRO EUROPEO DE EMPRESAS E INNOVACIÓN DE GALICIA, S.A. (CEEI GALICIA S.A.)

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación de asistencias técnicas para a impartición de seminarios de planificación empresarial.

Mediante acordo do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A. (CEEI Galicia, S.A.)

convócase concurso público aberto para a seguinte contratación:

Obxecto do contrato: constitúe o obxecto do procedemento a contratación de asistencias técnicas para a impartición de accións lectivas de grupo en 18 seminarios de planificación empresarial e, no caso de que se dean as condiciones establecidas, as correspondentes accións lectivas individuais (titorías).

Orzamento máximo total para esta contratación: corenta e cinco mil trescentos sesenta euros (45.360 euros), incluído o imposto sobre o valor engadido (IVE).

Prezo por lote (1 seminario): accións lectivas de grupo hasta 2.520 euros, IVE incluído.

Os pregos de condicións xurídicas e prescricións técnicas do concurso están á disposición dos interesados no domicilio de CEEI Galicia, S.A., no edificio Igape, 3ª planta, complexo administrativo de San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, 15703 A Coruña. (Teléfono: 981 54 68 23).

Prazo de presentación de ofertas: as proposicións para poder tomar parte no concurso presentaranse nas oficinas de CEEI Galicia, S.A. en Santiago de Compostela. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir con día inhábil, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2002.

Carlos Pérez de Vega

Apoderado do Centro Europeo de Empresas e Innovacións de Galicia, S.A.

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA

DE GALICIA, S.A.