Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.510

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 4 de abril de 2002 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación O Rosal.

Visto o expediente de clasificación da Fundación O Rosal, con domicilio no Rosal (Pontevedra).

Supostos de feito.

1. A fundación formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada na Guarda, o día 23 de xaneiro de 2002, ante o notario José Manuel Rodríguez Casal, co número cento noventa e un do seu protocolo, por Antonio Granja Pereira, Jesús González Álvarez, Rodrigo Rodríguez Vicente, Rafael Martínez López, Gerardo Álvarez Martínez, Cástor Rodríguez González, Jorge Cardoso Mariño, Rafael Vicente Fernández, Ricardo Isolino Sobrino Vicente, Rodrigo Carrera Guerreiro e José Carlos Gómez Dávila; interveñen Antonio Granja Pereira en nome e representación da asociación Agrupación Musical de O Rosal; Jesús González Álvarez intervén no seu propio nome como delegado nomeado pola propia asociación para exerce-lo cargo que ten dentro do padroado da fundación; Rodrigo Rodríguez Vicente intervén en nome e representación da asociación Sociedade Deportiva e Cultural Atlético Novás; Rafael Martínez López intervén no seu propio nome como delegado nomeado pola propia asociación para exerce-lo cargo que ten dentro

do padroado da fundación; Gerardo Álvarez Martínez intervén en nome e representación da asociación deportiva Club Ciclista El Rosal; Cástor Rodríguez González intervén no seu propio nome como delegado nomeado pola propia asociación para exerce-lo cargo que ten dentro do padroado da fundación; Jorge Cardoso Mariño intervén en nome e representación da asociación Club Unión Deportiva Ribera, e ademais no seu propio nome como delegado nomeado pola propia asociación para exerce-lo cargo que ten dentro do padroado da fundación, e Rafael Vicente Fernández, Ricardo Isolino Sobrino Vicente, Rodrigo Carrera Guerreiro e José Carlos Gómez Davila no seu propio nome.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é o desenvolvemento de actividades culturais, deportivas e formativas non regulamentadas, para o que buscará e xerará recursos económicos que destinará a esas actividades directamente ou por medio das entidades culturais e deportivas existentes e as que se poidan crear no futuro.

4. O padroado da fundación estará integrado por Rafael Vicente Fernández como presidente; Ricardo Isolino Sobrino Vicente como vicepresidente; Rodri

go Carrera Guerreiro como secretario e José Carlos Gómez Davila, Jesús González Álvarez, Rafael Martínez López, Cástor Rodríguez González e Jorge Cardoso Mariño como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías eleva ó conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación O Rosal, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cumpridos os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, quen exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día dous de abril de dous mil dous.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese cultural a Fundación O Rosal e adscribila á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, catro de abril de dous mil dous.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública