Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 19 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/17).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. polígono Tiro-San Xurxo.

Situación: Ferrol.

Descricións técnicas: L.M.T.S. a 15/20 kV de 6.755 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al, entre os CC.TT. polígono de Tiro e Vilar de Covas, coa entrada e saída no C.T. San Xurxo-Vila da Area. Centro de seccionamento para os CC.TT. de Xuncal, s/n, Os Corrás (expediente 29.714) e Santalla, s/n. Recuamento do C.T.I. de Trasouteiro de 50 kVA e ramas de alimentación de 43 cms. en LAC-80. Concello de Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 19 de febreiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña