Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/487).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. polígono industrial de Boiro.

Situación: Boiro.

Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 20 kV baixo tubo e conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al:

-De 1.025 m de lonxitude, coa orixe na subestación de Boiro e final no límite noroeste do polígono industrial de Boiro.

-De 2.290 m de lonxitude, con orixe no límite noroeste do polígono industrial de Boiro, discorrendo

por rúas do propio polígono industrial e final na zona sur deste.

-5 centros de transformación en casetas prefabricadas de formigón, noutras tantas parcelas do polígono industrial de Boiro, dos cales 3 son 400 kVA e 2 de 630 kVA, con tensións de 20/0,380-0,220 kV. Concello de Boiro.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 20 de febreiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña